Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Luns, 16 de febreiro de 1998 Páx. 1.606

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LARACHA

RESOLUCIÓN do 26 de xaneiro de 1998 pola que se anuncia a contratación da mellora da cuberta do polideportivo de Paiosaco, polo procedemento ordinario e poxa.

De conformidade co disposto no artigo 79 da LCAP e acordo da Comisión de Goberno do 23 de xaneiro de 1998 anúnciase poxa, por procedemento aberto, para adxudica-las obras de mellora da cuberta do polideportivo de Paiosaco, conforme o seguinte contido:

I. Obxecto do contrato: é obxecto do contrato a mellora da cuberta do polideportivo de Paiosaco.

II. Duración do contrato: un mes.

III. Tipo da licitación: 5.498.299 pesetas, IVE incluído.

IV. Pago: Deputación Provincial: 3.000.000 de pesetas.

Concello: 2.489.299 pesetas.

Pregos: rexerá o prego de cláusulas administrativas xerais para a poxa co procedemento aberto (BOP nº 224, do 28-9-1995).

V. Garantía provisional: será o 2% do tipo de licitación.

VI. Garantía definitiva: o 4% do orzamento.

VII. Presentación de proposicións: durante os 26 días naturais seguintes ó da publicación do anuncio no BOP.

VIII. Apertura de proposicións: terá lugar o quinto día hábil seguinte á finalización do prazo de presentación de proposicións, excepto se o día sinalado cadrase en sábado, domingo ou festivo; no dito caso diferirase ó primeiro día hábil.

IX. Modelo de proposición:

Don... veciño de... con domicilio en... en nome propio (ou en representación de...) coñecedor da poxa tramitada para adxudicar, mediante procedemento, as obras de mellora da cuberta do polideportivo de Paiosaco, comprométese a efectualas no prezo de... pesetas (en letra e número).

Laracha, 26 de xaneiro de 1998.

Jesús Rama Becerra

Alcalde