Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Luns, 16 de febreiro de 1998 Páx. 1.605

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CARBALLO

ANUNCIO.

Esta Alcaldía, por decreto do día de hoxe, resolveu aprobar definitivamente o proxecto de urbanización das rúas adxacentes ó Instituto Parga Pondal desta vila.

A dita resolución ponlle fin á vía administrativa, e contra ela poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ó da derradeira publicación desta anuncio no Diario Oficial de Galicia ou prensa, sen prexuízo de que se utilice e interpoña calquera outro que se considere conveniente.

Carballo, 27 de xaneiro de 1998.

Manuel Varela Rey

Alcalde