Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Luns, 16 de febreiro de 1998 Páx. 1.600

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 22 de xaneiro de 1998, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela, pola que se anuncia concurso público para contratación dunha subministración sucesiva para este complexo hospitalario, mediante procedemento aberto. (Expediente 7/1998).

A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7º da Orde do 22 de maio de 1996 (Diario Oficial de Galicia, do 6-6) da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, convoca o seguinte concurso público:

1. Nome e enderezo do servicio: contratación administrativa do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela. Hospital de Conxo, rúa Ramón Baltar s/n 15706 Santiago de Compostela. Teléfono: (981) 54 05 36. Fax: (981) 53 12 55.

2. a) Modalidade de adxudicación: concurso aberto e ordinario.

b) Forma do contrato obxecto de licitación: subministración sucesiva.

3. a) Lugar de entrega: Servicio de Subministracións do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela.

b) Natureza e cantidade dos productos que hai que subministrar: material funxible para diálise.

Importe: 82.349.809 ptas., IVE incluído.

Duración: un ano prorrogable, de mutuo acordo, ata un ano máis.

c) Licitación: á totalidade ou a un ou máis lotes.

4. Prazo de entrega eventualmente imposto: segundo as necesidades do complexo hospitalario.

5. a) Nome e enderezo do servicio ó que poden solicita-lo prego de condicións e os documentos complementarios: o que figura no punto 1.

b) Data límite para efectua-la dita solicitude: 13 de marzo de 1998.

c) Se é o caso, importe e modalidades de pagamento da suma que deba aboarse para obte-los ditos documentos: non.

6. a) Data límite de recepción de ofertas: 20 de marzo de 1998.

b) Enderezo ó que deben enviarse as ofertas: ver punto 1.

c) Lingua ou linguas nas que se deberán redacta-las ofertas: castelán e/ou galego.

7. a) Persoas admitidas para asistiren á apertura das ofertas: acto público.

b) Data, hora e lugar de apertura das ofertas: sala de xuntas do Hospital de Conxo a partir das 10 horas do día 31 de marzo de 1998.

8. Garantías esixidas:

Provisional: 2% do orzamento de licitación dos lote/s ós que se presente oferta.

Definitiva: 4% do orzamento de licitación dos lote/s adxudicados.

Constituiranse segundo establecen os artigos 36 e 37, respectivamente, da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas (BOE nº 119, do 19-5-1995).

9. Modalidades básicas de financiamento e de pagamento e/ou referencia ós textos que as regulan: o pagamento realizarase en metálico segundo entregas realizadas.

10. Se é o caso, forma xurídica que deberá adopta-la unión de empresarios adxudicataria do contrato: o que establece o artigo 24 da Lei 13/1995.

11. Datos referentes á situación do provedor e datos e formalidades necesarios para a avaliación das condicións de carácter económico e técnico que debe reuni-lo provedor: ver cláusula 8 do prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses, desde a data de apertura das proposicións.

13. Criterios que se utilizarán para a adxudicación do contrato:

Prezo: ata 4 puntos.

Calidade técnica: ata 4 puntos.

Servicio: ata 2 puntos.

14. Se é o caso, prohibición de variantes: pódense presentar, así como melloras sobre as características mínimas establecidas no prego de prescricións técnicas.

15. Información complementaria: ver servicio do punto 1.

16. Data de publicación no DOCE do anuncio de información previa ou mención da súa non publicación: non publicado.

17. Data de envío do anuncio: 27 de xaneiro de 1998.

18. Data de recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas (reservado á OPOCE):

Santiago de Compostela, 22 de xaneiro de 1998.

Manuel Ariza López

Xerente xeral do Complexo Hospitalario

de Santiago de Compostela