Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Luns, 16 de febreiro de 1998 Páx. 1.587

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

CÉDULA do 15 de xaneiro de 1998, da Delegación Territorial de Lugo (Celeiro-Viveiro), pola que se fan públicas, para efectos de notificación, as propostas de resolución dos expedientes sancionadores 162 e 171/97-LU.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27) notifícaselles ás persoas que a continuación se relacionan a proposta de resolución dos expedientes instruídos por infraccións á Lei 6/1991, do 15 de maio (DOG nº 99, do 27 de maio e BOE do 30 de setembro), sobre infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros.

Os ditos interesados dispoñen dun prazo de oito días, contados a partir do seguinte ó da publicación da presente cédula para poderen examina-los expedientes na Delegación Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura de Lugo (Celeiro-Viveiro), Avda. Ramón Canosa s/n, e presentar perante a dita delegación as alegacións que consideren pertinentes, conforme o disposto no artigo 16.4 da Lei 6/1991, do 15 de maio, de infraccións en materia de proteccións de recursos marítimo-pesqueiros.

Nº de expediente: 162/97-LU.

Denunciado: Lázaro Prieto Lestao.

Enderezo: r/ Rafael Lobeto, 36-1º. Burela (Lugo).

Nº de expediente: 171/97-LU.

Denunciado: Jonathan Vallin Álvarez-Sala.

Enderezo: r/ La Mancha, 26-1º D, Xixón (Asturias).

Celeiro-Viveiro, 15 de xaneiro de 1998.

Pablo R. Fernández Asensio

Delegado territorial de Lugo (Celeiro-Viveiro)