Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Luns, 16 de febreiro de 1998 Páx. 1.586

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 13 de xaneiro de 1998 pola que se aproba o cambio de dominio da batea Xarda II.

Visto o expediente de cambio de dominio que a continuación se menciona, instruído para efectos de transmisión da concesión administrativa pertinente e do establecemento que a ampara; tendo en conta que os interesados obtiveron a autorización previa prevista no artigo 59 da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101, do 31 de maio) e no artigo 10 do Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG nº 228, do 21-11-1996) e que foi acreditada a transmisión de dereitos e aboados os impostos correspondentes.

Esta consellería, en virtude das atribucións conferidas, á vista do informe favorable do Servicio Técnico-Xurídico, acordou acceder ó solicitado, proclamando a nova titularidade da concesión e establecemento que se relaciona a continuación:

Nome da batea: Xarda II.

Cultivo: mexillón (M. galloprovincialis).

Localización: cuadrícula nº 25, O Grove G.

Data da concesión: 14-5-1975.

Data do remate da última prórroga: 19-6-2005.

Anterior concesionario: Fernández Blanco, José Francisco (35.419.399) e Suárez Blanco, Eugenia (76.493.917).

Novo titular da concesión: Guimer Arousa, S.L. (B-36.282.042).

Os novos concesionarios quedan subrogados nos mesmos dereitos e obrigas dos anteriores concesionarios, así como obrigados ó cumprimento das disposicións legais vixentes que lles sexan aplicables e de categoría suficiente.

Vigo, 13 de xaneiro de 1998.

P.D. (Orde 27-6-1990)

Rosa Mª Quintana Carballo

Delegada territorial de Vigo (Pontevedra)