Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Luns, 16 de febreiro de 1998 Páx. 1.585

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 13 de xaneiro de 1998 pola que se aproba o cambio de dominio da batea Portas II.

Visto o expediente de cambio de dominio que a continuación se menciona, instruído para efectos de transmisión da concesión administrativa pertinente e do establecemento que a ampara; tendo en conta que os interesados obtiveron a autorización previa prevista no artigo 59 da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101, do 31 de maio) e no artigo 10 do Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG nº 228, do 21-11-1996) e que foi acreditada a transmisión de dereitos e aboados os impostos correspondentes.

Esta consellería, en virtude das atribucións conferidas, á vista do informe favorable do Servicio Técnico-Xurídico, acordou acceder ó solicitado, proclamando a nova titularidade da concesión e establecemento que se relaciona a continuación:

Nome da batea: Portas II.

Cultivo: mexillón (M. galloprovincialis).

Localización: cuadrícula nº 41, Vilagarcía B.

Data da concesión: 19-6-1974.

Data do remate da última prórroga: 14-8-2004.

Anterior concesionario: Paz Nogueira, José (35.407.361) e Gestoso Santorum, Mª Herminia (35.420.502).

Novo titular da concesión: Abalo Maneiro, Irene (35.447.409).

Os novos concesionarios quedan subrogados nos mesmos dereitos e obrigas dos anteriores concesionarios, así como obrigados ó cumprimento das disposicións legais vixentes que lles sexan aplicables e de categoría suficiente.

Vigo, 13 de xaneiro de 1998.

P.D. (Orde 27-6-1990)

Rosa Mª Quintana Carballo

Delegada territorial de Vigo (Pontevedra)