Visto o expediente de cambio de dominio que a continuación se menciona, instruído para efectos de transmisión da concesión administrativa pertinente e do establecemento que a ampara; tendo en conta que os interesados obtiveron a autorización previa prevista no artigo 59 da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101, do 31 de maio) e no artigo 10 do Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG nº 228, do 21-11-1996) e que foi acreditada a transmisión de dereitos e aboados os impostos correspondentes.
Esta consellería, en virtude das atribucións conferidas, á vista do informe favorable do Servicio Técnico-Xurídico, acordou acceder ó solicitado, proclamando a nova titularidade da concesión e establecemento que se relaciona a continuación:
Denominación da batea: Gerjuán I.
Cultivo: mexillón (M. galloprovincialis).
Localización: cuadrícula nº 106, O Grove G.
Data da concesión: 23-10-1969.
Data de remate da última prórroga: 13-11-1999.
Anterior concesionario: Domínguez Rodiño, Alfredo (35.407.488) e Fernández Fernández, Isabel (9.671.578).
Novo titular concesión: Domínguez Rodiño, Alfredo (35.407.488); Fernández Fernández, Isabel (9.671.578) e Novas Pérez, Arturo (35.247.423).
Os novos concesionarios quedan subrogados nos mesmos dereitos e obrigas dos anteriores concesionarios, así como obrigados ó cumprimento das disposicións legais vixentes que lles sexan aplicables e de categoría suficiente.
Vigo, 13 de xaneiro de 1998.
P.D. (Orde 27-6-1990)
Rosa Mª Quintana Carballo
Delegada territorial de Vigo (Pontevedra)