Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Luns, 16 de febreiro de 1998 Páx. 1.583

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 13 de xaneiro de 1998 pola que se aproba o cambio de dominio mortis-causa da batea de cultivo de mexillón denominada Blanco número 13, a favor de Rosa Mª e Mª del Mar Lago Vilasoa.

Visto o expediente de cambio de dominio que a continuación se menciona, instruído para efectos da transmisión da concesión administrativa pertinente e do establecemento que ampara; tendo en conta o previsto no artigo 59.3 da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (Diario Oficial de Galicia nº 101, do 31 de maio de 1993) e 10.1 do Decreto

406/1996, do 7 de novembro, e que foi acreditada a transmisión de dereitos invocada e aboado o imposto correspondente.

Esta consellería, en virtude das atribucións conferidas, á vista do informe favorable do Servicio Técnico-Xurídico, acordou acceder ó solicitado, proclamando a nova titularidade da concesión e do establecemento que se relaciona a continuación:

Denominación da batea: Blanco nº 13.

Cultivo: mexillón.

Localización: Caramiñal C, cuadrícula 70.

Data da concesión: 4-6-1980.

Data de finalización da última prórroga: 31-7-2000.

Anterior concesionario: Juan Lago Romero.

Novas titulares da concesión e batea: Rosa Mª e Mª del Mar Lago Vilasoa.

As novas titulares quedan subrogadas nos mesmos dereitos e obrigas do anterior concesionario, así como obrigadas ó cumprimento das disposicións legais vixentes que lles sexan aplicables e de rango suficiente.

A Coruña, 13 de xaneiro de 1998.

P.D. (Orde 26-6-1990)

Mª José Cancelo Baquero

Delegada territorial da Coruña