Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Luns, 16 de febreiro de 1998 Páx. 1.579

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 8 de xaneiro de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/256-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

-Solicitante: Sociedad Electricista de Tui, S.A.

-Enderezo social: r/ Coruña, 20, 36700 Tui.

-Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. A Fonte-Guillarei.

-Situación: Tui.

-Descricións técnicas: L.M.T., aéreo-subterránea, a 20 kV, de 130 m de lonxitude o tramo subterráneo, con conductor tipo R.H.V., e 210 m de lonxitude o tramo aéreo, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón, desde un apoio s/n da L.M.T. estación-igrexa, rematando no C.T. que se proxecta na Fonte, Concello de Tui. C.T. de 50 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V. R.B.T., aérea, de 6.380 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z., sobre apoios de formigón.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran

nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Pontevedra, 8 de xaneiro de 1998.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra