Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Venres, 13 de febreiro de 1998 Páx. 1.525

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 6 de febreiro de 1998, da División de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto e tramitación anticipada do expediente de gasto, para a subministración sucesiva de vacinas para o programa galego de vacinacións (C-38/98).

1. Entidade adxudicadora: Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, División de Recursos Económicos do Servicio Galego de Saúde, Subdirección Xeral de Contratación e Xestión Económica, edificio administrativo San Caetano, bloque 2-2º, teléfono 54 57 65; fax 54 27 62, 15771 Santiago de Compostela.

2. Modalidade de adxudicación: concurso polo procedemento aberto e tramitación anticipada do expediente de gasto.

3. a) Lugar de entrega dos bens obxecto da subministración:

Ver punto 5.3 do prego de prescricións técnicas (anexo III).

b) Natureza e cantidade dos productos que deban subministrarse:

Subministración sucesiva de vacinas dos tipos e nas cantidades establecidas no punto 8 do prego de prescricións técnicas (anexo III).

-Orzamento total:

Novecentos oitenta e catro millóns trescentas noventa mil cincocentas pesetas (984.390.500 ptas.), IVE incluído.

c) Indicacións relativas á posibilidade de que os subministradores liciten por partes ou polo conxunto das subministracións requiridas:

Os licitadores poderán introducir nas súas proposicións varias alternativas que, co mesmo ou con distinto prezo, pero sempre igual ou inferior ó de licitación, incorporen, para a prestación da submi

nistración, solucións ou alternativas ás definidas no apartado 9 do anexo III, nos artigos e especificacións nas que expresamente se admite.

4. Prazo de entrega eventualmente imposto:

Ver punto 5 do prego de prescricións técnicas (anexo III).

5. a) Nome e enderezo do servicio ó que poden solicitarse os documentos pertinentes:

Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, División de Recursos Económicos do Servicio Galego de Saúde, Subdirección Xeral de Contratación e Xestión Económica, edificio administrativo San Caetano, bloque 2-2º, teléfono 54 57 65; fax 54 27 62, 15771 Santiago de Compostela.

b) Data límite para efectuar esta solicitude: 6 de marzo de 1998.

6.a) Data límite de recepción das ofertas: 14 de marzo de 1998.

b) Enderezo ó que deben dirixirse: rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais (División de Recursos Económicos do Servicio Galego de Saúde). Edificio administrativo San Caetano, bloque 2, 2º piso, 15771 Santiago de Compostela.

c) Lingua ou linguas nas que deban redactarse: castelán ou galego.

7.a) Persoas admitidas á apertura das ofertas: apertura en acto público.

b) Data, hora e lugar da dita apertura: sala de xuntas da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais en San Caetano (2º piso, ático ala norte), a partir das 9.30 horas do 25 de marzo de 1998.

8. Garantías esixidas: consistirá no 2% do orzamento de licitación de cada lote ó que se concorra (ver apartado 9 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares que rexe para o presente concurso).

9. Modalidades esenciais de financiamento e pagamento ou referencias ós textos que as regulan:

Pagamento fraccionado, en conta, contra presentación de factura pola cantidade subministrada en cada envío, logo de conformidade prestada polo servicio que promove a contratación.

10. Forma xurídica que deberá adopta-la agrupación de provedores: unión temporal de empresas.

11. Informacións e formalidades necesarias para a avaliación das condicións mínimas de carácter económico e técnico que deberá reuni-lo provedor: ver anexos I e II ó prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses desde a data de apertura das proposicións económicas.

13. Criterios que se seguirán para adxudica-lo contrato: ver anexo IV ó prego de cláusulas administrativas particulares.

14. Admisión de variantes:

Ver apartado c) do punto 3 do presente anuncio.

15. Información complementaria: no enderezo e servicio indicados no punto 5.

16. Data de publicación no Diario Oficial das Comunidades Europeas do anuncio de información previa: 10 de novembro de 1997.

17. Data de envío do anuncio á Oficina das Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas: 6 de febreiro de 1998.

18. Data de recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas:

19. Anuncios: o importe do anuncio da presente resolución na prensa e nos boletíns oficiais será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 6 de febreiro de 1998.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División de Recursos

Económicos