Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Venres, 13 de febreiro de 1998 Páx. 1.522

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 19 de xaneiro de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/218-1).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a peti

ción de autorización da instalación eléctrica que se describe:

-Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

-Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

-Denominación: ampliación da posición da liña de 66 kV Denom. Unemsa. Subt. Carballo.

-Situación: Carballo (A Coruña).

-Descricións técnicas: ampliación dunha posición de liña de 66 kV denominada Unemsa na subestación de Carballo, constituída por pórtico de estructura metálica, con xogo de barra simple de cable cóndor. Aparamenta eléctrica seccionador de barras e seccionador de liña de 72,5 kV e 1600 A, interruptor de liña de 72,5 kV E 2000 A. Transformadores de tensión e intensidade e autoválvulas. Equipos para telemando, control, sinalización e medida. Municipio de Carballo. A Coruña.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 19 de xaneiro de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña