Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Venres, 13 de febreiro de 1998 Páx. 1.511

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 5 de febreiro de 1998 pola que se anuncia a realización dunhas xornadas sobre a Lei de Administración local de Galicia.

Dentro do plan de actividades da EGAP para 1998 e conforme as funcións atribuídas pola Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da escola, e pola Lei 10/1989 do 10 de xullo, de modificación da anterior, convócanse unhas xornadas sobre a Lei de Administraciónlocal de Galicia, que deberán desenvolverse segundo as seguintes bases:

1. Obxectivos.

Analizar e reflexionar sobre os aspectos máis salientables da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia.

2. Destinatarios.

Persoal ó servicio das entidades locais de Galicia petencentes a calquera grupo de titulación, e interesados en xeral.

3. Desenvolvemento.

-Horario: de mañá e tarde.

-Lugares e datas:

Ourense: 2 e 3 de marzo.

A Coruña: 4 e 5 de marzo.

Pontevedra: 23 e 24 de marzo.

Lugo: 30 e 31 de marzo.

4. Prazo.

O prazo de inscrición rematará segundo as localidades:

En Ourense: o día 25 de febreiro ás 14 horas.

Na Coruña: o día 26 de febreiro ás 14 horas.

En Pontevedra: o día 16 de marzo ás 14 horas.

5. Tramitación de solicitudes.

As solicitudes irán dirixidas ó director da Escola Galega de Administración Pública, polígono das Fontiñas, r/ Madrid 2-4, 15707 Santiago de Compostela, segundo o modelo que figura como anexo a esta convocatoria, e presentaranse no rexistro xeral da EGAP, ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Admitiranse tamén inscricións por telefax: (981) 54 63 37.

6. Número de prazas.

Limitada á capacidade dos locais.

7. Inscricións fóra de prazo.

Só se admitirán se quedan prazas baleiras e sempre que se cumpran os requisitos xerais antes indicados.

8. Modificacións.

A EGAP reserva para si a facultade de intepretar e resolve-las incidencias que puidesen xurdir no desenvolvemento das xorandas, así como a de cancelalas se o escaso número de solicitudes non xustificase a súa realización.

9. Certifado de asistencia.

Outorgaráselles certificado de asistencia ós alumnos que participen con regularidade nas xornadas programadas cando a súa inasistencia non sexa igual o superior ó 15% das horas lectivas programadas. A superación deste límite, sexa cal sexa a causa,

imposibilitará a expedición do certificado e dará lugar á baixa con perda de tódolos dereitos.

10. Contido.

Disposicións xerais. O municipio. A provincia e outras entidades locais. Transferencia, delegación e encomenda de xestión. Relacións interadminis

trativas. Funcionamento das entidades locais. Bens, servicios e contratación. As facendas locais.

Santiago de Compostela, 5 de febreiro de 1998.

Domingo Bello Janeiro

Director da Escola Galega de Administración Pública