Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Venres, 13 de febreiro de 1998 Páx. 1.509

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

ORDE do 26 de xaneiro de 1998 pola que se exclúen do catálogo de montes de utilidade pública varios montes da provincia de Lugo.

De conformidade co establecido no artigo 43 do Regulamento de montes, do 22 de febreiro de 1962, e á vista do disposto no artigo 13 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común e o Real decreto 1535/1984, do 20 de xuño, polo que se transfiren á Comunidade Autónoma de Galicia competencias en materia de conservación da natureza, esta consellería, logo da proposta da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural,

DISPÓN:

Artigo único.

Dar de baixa do catálogo de montes de utilidade pública, por ter quedado firme a resolución do Xurado Provincial de Montes que os clasifica como veciñais en man común, os que ser relacionan a seguir:

Número: 30.

Concello: A Fonsagrada.

Nome: Veigas Val de Madeiro.

Pertenza: parroquia de San Bartolomeu de Monteseiro.

Límites: norte: monte comunal e propiedades particulares.

Leste: con propiedades particulares.

Sur: con propiedades particulares e monte comunal.

Oeste: con propiedades particulares e monte comunal.

Especies: queiroga.

Cabida total: 251 ha.

Cabida forestal: 251 ha.

Número: 21.

Concello: A Fonsagrada.

Nome: Carballal da Pena.

Pertenza: parroquia de San Xulián de Freixo.

Límites: norte: monte comunal.

Leste: monte comunal e propiedades particulares.

Sur: monte comunal.

Oeste: monte comunal e propiedades particulares.

Especies: carballo e queiroga.

Cabida total: 500 ha.

Cabida forestal: 500 ha.

Número: 28.

Concello: A Fonsagrada.

Nome: Teixido.

Pertenza: parroquia de Cereixido.

Límites: norte: con propiedades particulares.

Leste: con propiedades particulares.

Sur: con propiedades particulares.

Oeste: con propiedades particulares.

Especies: queiroga.

Cabida total: 625 ha.

Cabida forestal: 625 ha.

Número: 18.

Concello: Baleira.

Nome: Azureiras.

Pertenza: parroquia de Librán.

Límites: norte: co monte de Tracedo.

Leste: co río de Su a Granda que baixa a Cubilledo.

Sur: co monte de Librán.

Oeste: co monte de Librán.

Especies: carballo.

Cabida total: 125 ha.

Cabida forestal: 125 ha.

Número: 74-C.

Concello: Láncara.

Nome: monte de Meda.

Pertenza: parroquia de Vilaouzán e Monseiro.

Límites: norte: con propiedades particulares de Acibrerio, Currás e Bustelo (Vilaouzán).

Leste: co monte da Meda do concello de Triacastela.

Sur: co monte da Meda do Concello de Samos.

Oeste: con propiedades particulares de Quintela e Monseiro, Vilaouzán e Agualevado (Vilaouzán).

Especies: queiroga e toxo.

Cabida total: 400 ha.

Cabida forestal: 400 ha.

Número: 3.

Concello: Triacastela.

Nome: Chao de Oribio e Seixo.

Pertenza: parroquia de Triacastela (Santiago).

Límites: norte: coa parroquia de Santa Mariña de Triacastela.

Leste: coa parroquia de Santa Mariña de Triacastela.

Sur: con San Verísimo.

Oeste: con San Verísimo.

Especies: carballo.

Cabida total: 630 ha.

Cabida forestal: 630 ha.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e en contra dela só cabe interpor recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ó da súa publicación.

Santiago de Compostela, 26 de xaneiro de 1998.

P.D. (Orde 12-1-1998)

José Luis Aboal García-Tuñón

Secretario xeral da Consellería de Medio Ambiente