Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Venres, 13 de febreiro de 1998 Páx. 1.499

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 21 de xaneiro de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial do convenio colectivo da empresa Talleres Caeiro, S.A.

Visto o expediente da revisión salarial do convenio colectivo Talleres Caeiro, S.A., que tivo entrada nesta delegación provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o día 12-1-1998, subscrito en representación da parte económica pola empresa, e da parte social polo comité de empresa o día 28-5-1997, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, da Lei 8/1970, do 10 de marzo do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordenar-la súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo existente nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no BOP e no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 21 de xaneiro de 1998.

Mª Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

ACTA

En Santiago de Compostela, sendo as dezanove horas e quince minutos do día vinteoito de maio de mil novecentos noventa e sete, reúnense os señores que abaixo se relacionan, representantes dos traballadores e parte económica da empresa Talleres Caeiro,S.A.

Ámbalas partes recoñécense mutuamente a capacidade necesaria para negociaren.

Iniciada a sesión, fíxose unha lectura detida do texto do convenio en vigor, e adoptáronse por unanimidade os seguintes acordos:

1º Prorrogar en todas e cada unha das súas partes o convenio en vigor ata o 31 de decembro de 1997.

2º Substituí-la táboa salarial pola que se xunta como anexo a esta acta.

3º A aplicación da dita táboa salarial entrará en vigor con data do un de maio de mil novecentos noventa e sete.

4º Remitirlle esa acta e anexo á Delegación de Traballo para a súa publicación no BOP.

E non habendo máis asuntos que tratar, levántase a sesión, sendo as vinteunha horas do día arriba sinalado.

Representación laboral:

33.143.143, Vicente Puente Vigo.

33.243.985, Víctor J. Parente Mariño.

33.229.341, José A. Núñez Boquete.

Representación económica:

33.024.095, Manuel Caeiro Varela.

Rubricado

Táboa salarial do convenio colectivo da empresa Talleres Caeiro, S.A.

Efectos económicos do 1 de maio de 1997

Salario

base

Cómputo

anual

Titulado superior151.5902.187.600
Titulado medio146.2572.112.938
Xefe de vendas142.3292.057.946
Xefe de posvenda142.3292.057.946
Xefe de almacén142.3292.057.946
Xefe administrativo de 1ª142.3292.057.946
Xefe de taller122.2131.776.322
Xefe de recepción122.2131.776.322
Xefe administrativo de 2ª122.2131.776.322
Mestre de taller115.3361.680.044
Técnico de organización (encargado)115.3361.680.044
Contable115.3361.680.044
Contramestre113.7431.657.742
Mestre de 2ª113.7431.657.742
Dependente de 1ª110.4271.611.318
Vendedor de 1ª110.4271.611.318
Administrativo de 1ª110.4271.611.318
Dependente de 2ª108.9651.590.850
Vendedor de 2ª103.9651.590.850
Oficial obreiro de 1ª108.9651.590.850
Recepcionista108.9651.590.850
Probador103.9651.590.850
Chofer de camión108.9651.590.850
Administrativo de 2ª105.1541.537.496
Chofer de turismo105.1541.537.496
Vendedor de 3ª105.1541.537.496
Oficial obreiro de 2ª105.1541.537.496
Administrativo de 3ª100.3711.470.534
Dependente de 3ª100.3711.470.534
Oficial obreiro de 3ª100.3711.470.534
Axudante de planig96.4471.415.598
Axudante de dependente de 1ª96.4471.415.598
Mozo especializado96.4471.415.598
Auxiliar administrativo96.4471.415.598
Telefonista96.4471.415.598
Axudante de dependente de 2ª94.9731.394.962
Mozo e peón94.9731.394.962
Lavador e engraxador94.9731.394.962
Lilmpadora94.9731.394.962

Plus de transporte5.940
Slario mínimo interprofesional66.630
Trab. en prácicas e maiores de 18 anos66.630
Traballadores de 17 anos59.130

Plus de transporte2.970
Antigüidade por quinquenio2.700