Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Xoves, 12 de febreiro de 1998 Páx. 1.425

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARTEIXO

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación, en sesión celebrada o día 27 de decembro de 1997, acordou aprobar definitivamente o estudio de detalle da unidade de actuación nº 9 das NNSS de planeamento vixentes en Arteixo, que ten por obxecto establecer aliñacións e resantes á vez que ordena, os volumes no lugar denominado Fonte de Oseiro, Oseiro, promovido por Alfonso Rumbo Veira, e redactado polo arquitecto Donato Izquierdo López-Abente.

Contra o acto que se publica poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Contencioso-Administrativo), no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da data da publicación do presente anuncio, logo da conumicación a esta Administración pública, segundo o disposto no artigo 110.3 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas do procedemento administrativo común, sen prexuízo do exercicio das demais accións que se consideren convenientes. (Expediente 25/1997. PED).

Arteixo, 15 de xaneiro de 1998.

Manuel Pose Miñones

Alcalde