Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Xoves, 12 de febreiro de 1998 Páx. 1.413

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 21 de xaneiro de 1998, do Servicio Provincial de Transportes de Lugo, pola que se notifican expedientes sancionadores incoados por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios (LU-01413-1-97)

Pola presente cédula, notifícaselles ós denunciados, cuyas señas e últimos enderezos coñecidos se sinalan no anexo, as notificacións sancionadoras, dictadas polo xefe do Servicio Provincial de Transportes de Lugo, facultado polo Decreto 70/1993, do 10 de marzo (DOG do 26 de marzo), recaídas nos expedientes que se citan no anexo.

Facéndolles sabe-lo dereito que lles asiste para interpoñer alegacións perante o Servicio Provincial de Transportes, no prazo de quince días hábiles a contar desde o día seguinte á publicación da presente cédula.

E para que conste e sirva de notificación, os denunciados de enderezos descoñecidos e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, sobre réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), expido, asino e selo a presente cédula en Lugo, 21 de xaneiro de 1998.

Antonio Lage González

Instructor xefe do Servicio Provincial

de Transportes de Lugo

ANEXO

-Expediente: LU-01413-I-97.

Matrícula: LU-6202-L.

Denunciante: 3383078157A2959.

Denunciada: Mercedes Martínez Muíño.

Último enderezo coñecido: Da Mariña, 31-6º A, 27780 Foz (Lugo).

Feito denunciado: non realiza-lo visado da autorización no prazo determinado pola Administración.

Data, hora, estrada, p.k.: 15-9-1997; 8.18.35.

Precepto infrinxido: artigo 46 do R.D. 1211/1990.

Precepto sancionador: 143 Lei 16/1987, 201 R.D. 1211/1990.

Sanción proposta: 25.000 ptas.