Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Mércores, 11 de febreiro de 1998 Páx. 1.368

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 28 de xaneiro de 1998 pola que se anuncia concurso para a subministración por lotes de papel branco e de cor, material para a máquina off-set Rioby 500-N, e para o departamento de reprografía, material de oficina e sobres para o almacén de compras.

1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña.

a) Dependencia que tramita o expediente: Negociado de Subministracións e Compras.

b) Número de expediente: S98/1.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: papel branco e de cor, material para a máquina Off-set 500-N, e para o departamento de reprografía, material de oficina e sobres para o almacén de compras. b) Número de unidades que hai que entregar: véxanse os cadros de características de cada un dos contratos. c) División por lotes e número: si, catro. d) Lugar de entrega: véxase punto 1. e) Prazo de entrega: farase ó ritmo que esixan as necesidades municipais e non poderá ser superior a dez días, dede a data da petición.

3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto. Forma de adxudicación: concurso .

4. Orzamento base de licitación: véxase epígrafe 2 do cadro de características de cada un dos contratos, que inclúe o IVE.

5. Garantía provisional: véxase epígrafe 3 do cadro de características de cada un dos contratos.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: véxase punto 1. b) Enderezao: Pza. de Mª Pita, 1-2º. c) Localidade: 15001 A Coruña. d) Teléfono: (981) 18 42 19. e) Fax: (981) 18 42 71.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas:

a) Prazo: vinteseis días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, rematando ás 13 horas. En caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará este automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: véxase prego e cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral de Entrada.

1ª Entidade: véxase punto 1.

2ª Enderezo: véxase punto 6 b.

3ª Localidade e código postal: véxase punto 6 c.

d) Admisión de variantes: si.

9. Apertura de ofertas económicas e documentación técnica:

a) Lugar: véxase punto 6. b) Data: quinto día hábil seguinte ó do transcurso do prazo de presentación de ofertas. c) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións: nos anversos dos sobres consignarase con claridade o seu contido («Oferta económica», «Documentación administrativa» e «Documentación técnica») e o seguinte lema: «Proposición que presenta... (nome ou denominación social do licitador) para optar ó concurso para a subministración por lotes de papel branco e de cor, material para a máquina off-set Rioby 500-N, e para o departamento de reprografía, material de oficina e sobres para o almacén de compras».

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Coruña, 28 de xaneiro de 1998.

O alcalde

P.D.

Rubricado