Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Mércores, 11 de febreiro de 1998 Páx. 1.366

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 18 de decembro de 1997, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos de Ferrol, pola que se anuncia, polo procedemento aberto e tramitación anticipada, concurso público 101/1998 para a realización do servicio de mantemento de ascensores do citado complexo.

Advertidos erros no texto da citada resolución, publicada no DOG nº11, do 19 de xaneiro de 1998, cómpre efectua-las seguintes correccións:

-Na páxina 445, apartado 2.b da citada resolución, onde di: «división en lotes: as empresas licitantes

deberán presentar oferta á totalidade do servicio», debe dicir: «división en lotes: as empresas licitantes deberán presentar oferta á totalidade do servicio, ou a un ou máis lotes por separado. (Véxase o anexo II dos pregos)».

-No apartado 5 da citada resolución, onde di: «provisional: 2% do orzamento de licitación», debe dicir: «provisional: 2% do orzamento de licitación ou do de cada lote».