Non sendo posible a notificación a Eduarda Santos Álvarez, con último enderezo coñecido en Ancil, 10, 27878 Xove-Lago (Lugo), da resolución desta dirección xeral pola que se lle require o importe de catrocentas dezanove mil oitocentas sesenta (419.860) ptas. en concepto de cobro indebido de axuda do Fondo de Asistencia Social, segundo expediente remitido pola Delegación Provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais de Lugo, realízase polo presente anuncio, conforme prevé o artigo 59.4º
da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
A Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de Lugo emitiralle a oportuna liquidación, na que constará a forma e prazo de ingreso.
Contra esta resolución, poderá interpoñer, no prazo de quince días hábiles, contados a partir do día seguinte ó da notificación, sen que poidan simultanearse, algún dos seguintes recursos:
-Recurso de reposición perante o órgano que a dictou, segundo o establecido no Real decreto 2244/1979.
-Reclamación económico-administrativa perante o tribunal da dita xurisdicción da Comunidade Autónoma de Galicia.
Santiago de Compostela, 12 de xaneiro de 1998.
María Casais Mira
Directora xeral de Tributos