Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Mércores, 11 de febreiro de 1998 Páx. 1.349

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 12 de xaneiro de 1998, da Dirección Xeral de Tributos, polo que se notifica resolución de reintegro de pagamento indebido.

Non sendo posible a notificación á empresa Jecor Metal, S.L., con último enderezo coñecido en Bértola-Ramalleira, 36140 Vilaboa (Pontevedra), da

resolución desta dirección xeral pola que se lle require o importe de novecentas sesenta e oito mil cincocentas vintenove (968.529) ptas. en concepto de incumprimento das condicións esixidas para a concesión de subsidicación ó tipo de xuro, segundo expediente remitido polo Instituto Galego de Promoción Económico (Igape), realízase polo presente anuncio, conforme prevé o artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de Pontevedra emitiralle a oportuna liquidación, na que constará a forma e prazo de ingreso.

Contra esta resolución, poderá interpoñer, no prazo de quince días hábiles, contados a partir do día seguinte ó da notificación, sen que poidan simultanearse, algún dos seguintes recursos:

-Recurso de reposición perante o órgano que a dictou, segundo o establecido no Real decreto 2244/1979.

-Reclamación económico-administrativa perante o tribunal da dita xurisdicción da Comunidade Autónoma de Galicia.

Santiago de Compostela, 12 de xaneiro de 1998.

María Casais Mira

Directora xeral de Tributos