Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Mércores, 11 de febreiro de 1998 Páx. 1.348

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de citación de remate (217/1997).

Eu, Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Santiago de Compostela.

Fago saber: que neste xulgado se segue xuízo executivo nº 217/1997, por instancia do Banco de Galicia, S.A., representado polo procurador Caamaño Queijo, contra Camilo Gosende Carballal e outros, sobre reclamación de cantidade de 3.523.500 pesetas de principal, e 2.000.000 de pesetas para xuros, gastos e custas; e dado que o demandado se atopa en ignorado paradoiro, por medio do presente edicto é citado, co fin de que no termo improrrogable de nove días compareza en autos en legal forma, mediante letrado e procurador e se opoña á execución se lle conviñese, facendo constar que a copia da demanda se atopa nesta secretaría á súa disposición e apercíboo de que, de non comparecer, será declarado en rebeldía, seguido o pleito o seu curso, sen volvelo citar nin facerlle outras notificacións cás que determine a lei.

Sen previo requirimento de pagamento procédese ó embargo dos seguintes bens:

1) Urbano, piso 2, letra B, sito na casa nº 32 da rúa Fernando III O Santo desta cidade, con referencia catastral urbana 7067204NH3476N0008BQ, así como calquera outro ben inmoble que figure inscrito a nome do demandado Camilo Gosende Carballal nos rexistros da propiedade de Santiago de Compostela.

2) Vehículo matrícula C-1645-BD.

E para que conste e lles sirva de citación en forma ó demandado, expido e asino o presente edicto en Santiago de Compostela o quince de xaneiro de mil novecentos noventa e oito.

Rubricado