Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Martes, 10 de febreiro de 1998 Páx. 1.300

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARTEIXO

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación, en sesión celebrada o día 10 de novembro de 1997, acordou aprobar definitivamente o proxecto de urbanización: prolongación da rúa República do Uruguai das vixentes normas subsidiarias de planeamento deste termo municipal, promovido por Arteprom, S.L. e redactado polo arquitecto Luis Hermida González.

Contra o acto que se publica poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Contencioso-Administrativo), no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da data da publicación do presente anuncio, logo da comunicación a esta Administración pública, segundo o disposto no artigo 110.3 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sen prexuízo do exercicio das demais accións que se consideren convenientes.

Arteixo, 23 de decembro de 1997.

Manuel Pose Miñones

Alcalde

621