Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Martes, 10 de febreiro de 1998 Páx. 1.299

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 27 de xaneiro do 1998, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, pola que se anuncia concurso público, polo procedemento aberto, para a contratación da subministración de dializadores (tramitación anticipada). (C.P. 29/98).

O director-xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, en virtude das atribucións que lle foron delegadas por Orde do 22 de maio de 1996 sobre delegación de competencias nos órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la contratación da subministración que a seguir se cita:

1. Nome, enderezo, números de teléfono, telégrafo, telex e telefax do órgano de contratación: Servicio de Contratación do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza. Planta terceira da Escola Universitaria de Enfermería (anexa ó Hospital Juan Canalejo). As Xubias de Arriba, 84-15006 A Coruña. Teléfono: (981) 17 80 73. Telefax: (981) 17 80 32.

2. a) Modalidade da adxudicación elixida: aberta.

b) Forma do contrato que é obxecto da licitación: concurso.

3. a) Lugar de entrega: Hospital Juan Canalejo (A Coruña).

b) Natureza e cantidade dos productos que se van subministrar: número da referencia da CPA (clasificación estadística dos productos por actividades): subministración de dializadores.

Orzamento total: 48.720.096 ptas. (IVE incluído).

c) Indicacións relativas á posibilidade de que os provedores presenten propostas para determinadas partes das subministracións requiridas: o concurso repártese en 6 lotes, que poden ser obxecto de licitación e adxudicación separadamente:

Lote 1. Dializ. Policarb.-Poliéter 1,2, 1,6 e 1,9: 9.282.144 ptas.

Lote 2. Dializ. Polimetilmetacrilato 1,2, 1,5 e 2,1: 8.996.256 ptas.

Lote 3. Dializ. Poliacrilonitrilo 1,04 e 1,7: 4.278.912 ptas.

Lote 4. Equipo Dializ. Tipo «A»: 7.789.824 ptas.

Lote 5. Equipo Dializ. Tipo «B»: 10.451.808 ptas.

Lote 6. Equipo Dializ. Tipo «C»: 7.921.152 ptas.

4. Prazo de entrega eventualmente imposto: segundo necesidades comunicadas polo Servicio de Compras e Subministracións e se é o caso, a partir dos 15 días naturais seguintes ó asinamento do contrato.

5. a) Nome e dirección do servicio onde poden ser solicitados o prego de condicións e os documentos complementarios: Servicio de Contratación do Hospital Juan Canalejo.

b) Data límite para efectua-la dita solicitude: 2 de marzo de 1998.

c) Se ó o caso, importe e modalidade de pagamento da suma que deba aboarse para obte-los ditos documentos: ningún.

6. a) Data límite de recepción das propostas: 9 de marzo de 1998.

b) Enderezo ó que deben enviarse: rexistro xeral do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza. Planta baixa do Hospital Juan Canalejo. As Xubias de Arriba, 84-15006 A Coruña.

c) Lingua o linguas nas que deban redactarse: galego o castelán.

7. a) Persoas admitidas para asistir á apertura das ofertas: apertura en acto público.

b) Data, hora e lugar da dita apertura: sala de xuntas da Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza. Planta baixa da Escola Universitaria de Enfermería (anexa ó Hospital Juan Canalejo). Ás Xubias de Arriba, 84-15006 A Coruña. As 10 horas do día: 20 de marzo de 1998.

8. Garantías esixidas: provisional do 2% do orzamento de cada lote. Definitiva do 4% do orzamento de cada lote.

9. Modalidades básicas de financiamento e pagamento e/ou referencias a textos que as regulan: aboamentos en conta mediante transferencia, con periodicidade mensual.

10. Se é o caso, forma xurídica que deberá adopta-la unión das empresas adxudicataria da contratación: unión temporal das empresas.

11. Datos referentes á situación do provedor e datos e formalidades necesarios para a avaliación das condicións de carácter económico e técnico que deba reuni-lo provedor: ver cláusula 7.1 do prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Prazo durante o que o licitador está obrigado a mante-la súa oferta: tres meses desde a data da apertura das proposicións económicas.

13. Criterios que se empregan para a adxudicación do contrato:

Oferta económica: 60%.

Calidade dos materiais: 20%.

Servicio técnico da subministración: 20%.

Total: 100%.

14. Se é o caso, prohibición das variantes: non se admiten variantes.

15. Información complementaria: Servicio de Contratación do Complexo Hospitalario Juan Canalejo.

16. Data de publicación no Diario Oficial das Comunidades Europeas do anuncio de información previa ou mención da súa non publicación: 14-10-1997.

17. Data de envío do anuncio: 30 de xaneiro de 1998.

18. Data da recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas (reservado a OPOCE).

A Coruña, 27 de xaneiro de 1998.

Jesús Caramés Bouzán

Director xerente do Complexo Hospitalario

Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña

970