Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Martes, 10 de febreiro de 1998 Páx. 1.297

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

CÉDULA do 16 de xaneiro de 1998, da Delegación Territorial da Coruña, pola que se fai pública unha relación de notificacións de propostas de resolución en expedientes sancionadores (C-1615/97 e tres máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27-11-1992), notifícaselles ás persoas que a continuación se relacionan, proposta de resolución en expedientes sancionadores instruídos por infracción da Lei 6/1991, do 15 de maio (Diario Oficial de Galicia nº 99, do 27 de maio e BOE do 30 de setembro), de infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros.

Os ditos interesados dispoñen do prazo de oito días, contados a partir do seguinte ó da publicación da presente cédula, para poderen examina-los expedientes na Delegación Comarcal da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura de Ferrol (Praza de España, 2-2º), e presentar ante a dita delegación as alegacións que estimen pertinentes, conforme o disposto no artigo 16.4 da Lei 6/1991, do 15 de maio, de infraccións en materia de recursos marítimo-pesqueiros.

Nº de expediente: C-1615/97.

Denunciado: José César Becerra Muíños.

Domicilio: Carballal, s/n - Valdoviño.

Nº de expediente: C-1758/97.

Denunciado: Agustín Cuervo Muñiz.

Domicilio: Avda. Hércules, 123 - A Coruña.

Nº de expediente: C-1859/97.

Denunciado: Marcial Gorgozo Pereira.

Domicilio: Padre Feijoo, bl. 27, nº 3-3º dta. - Ferrol.

Nº de expediente: C-1866/97.

Denunciado: Juan Carlos Lamas Rodríguez.

Domicilio: Viv. Bazán, R/ 6, 14-1º - Ferrol.

A Coruña, 16 de xaneiro de 1998.

María J. Cancelo Baquero

Delegada territorial da Coruña

685