De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 28 de novembro, de réxime xurídico
das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27-11-1992), notifícaselle á persoa que se cita a continuación a resolución do expediente instruído, segundo acordo da Dirección Xeral de Patrimonio Histórico e Documental, pola infracción da Lei 16/1985, do 25 de xuño, do patrimonio histórico español.
O dito interesado dispón dun prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación desta cédula, para interpoñer recurso ordinario perante o conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo.
No caso de conformidade con esta resolución deberá facer efectiva a multa mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro da Facenda galega, conta restrinxida de recadación de multas e sancións número 447.500.00007/1 da Caixa Ourense, oficina principal de Pontevedra.
Pontevedra, 15 de xaneiro de 1998.
Pilar Rojo Noguera
Delegada provincial de Pontevedra
ANEXO
Nº de Exp. sancionador: PO-8/97.
Data da resolución: 21 de outubro de 1997.
Responsable. Último enderezo coñecido: Marcelina Sobral Alonso. Rúa Dª Teresa, 6, Pontevedra.
Motivo: irregularidades nas obras levadas a cabo na rúa Dª Teresa, 6 de Pontevedra.
Precepto infrinxido: 76.1º e 76.3º da Lei 16/1985.
Sanción: 200.000 ptas. (duascentas mil pesetas).
647