Ponse en coñecemento dos interesados na concentración parcelaria da zona de Sedes (Narón-A Coruña), declarada de utilidade pública e urxente execución polo Decreto 138/1989, do 6 de xullo (DOG nº 139, do 20 de xullo).
Primerio.- Con data do 22 de decembro de 1997, o director xeral de Desenvolvemento Rural, aprobou o acordo de concentración da zona de Sedes (Narón-A Coruña), logo de introducir no proxecto as modificacións oportunas a vista do resultado da enquisa deste último.
Segundo.- O acordo de concentración estará exposto ó público no Concello de Narón e na zona, durante trinta días hábiles, contados desde o seguinte ó da última publicación desta resolución no DOG e no BOP, no xornal de máis circulación da provincia, no lugar habitual da parroquia e no taboleiro de anuncios do concello.
Terceiro.- No prazo de trinta días que se din, cabe interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, podendo os recorrentes presenta-lo recurso na Xefatura de Servicio de Estructuras e Desenvolvemento Rural (edificio administrativo de Monelos, s/n 6ª planta, A Coruña), nas oficinas centrais da consellería (San Caetano, s/n, Santiago de Compostela) ou en calquera das dependencias ás que fai refe
rencia o artigo 38 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por si mesmos ou por representación, facéndose constar no escrito un enderezo dentro do termo municipal para os efectos das notificacións que procedan.
Advírtese, ademais, que o acordo de concentración parcelaria só poderá ser obxecto de recurso de alzada se se infrinxen as formalidades prescritas para a súa elaboración e publicación ou se non se axustase ás bases (artigos 36, 38, 40 e 41 da Lei de concentración parcelaria para Galicia, do 14 de agosto de 1985).
A Coruña, 14 de xaneiro de 1998.
P.O.
Rodolfo M. Rodríguez Gonzalez
Xefe do Servicio de Estructuras
e Desenvolvemento Rural da Coruña
667