Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Martes, 10 de febreiro de 1998 Páx. 1.291

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANADERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

CÉDULA do 15 de xaneiro de 1998, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación de incoación dos expedientes sancionadores de epizootias LU-273/1997 e LU-333/1997, devoltos polo servicio de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ó denunciado cos datos persoais e último enderezo coñecido que se sinala a continuación a notificación de incoación de expediente sancionador polo delegado provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria de Lugo.

Noméase instructor do procedemento a Mauricio Alonso Troncoso e secretaria a Mª Jesús Fernández Martínez, funcionarios desta delegación provincial. A resolución será acordada polo delegado provincial desta consellería.

O denunciado disporá dun prazo de quince (15) días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta cédula, para que poida examina-lo expediente nesta delegación provincial, situada na Ronda de la Muralla, 70, para presenta-lo descargo e docu

mentos que considere convenientes na súa defensa, así como para a recusación das persoas designadas como instructor e secretario en calquera momento da tramitación do expediente.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normaliza

dos que lle serán facilitados nesta delegación provincial.

Lugo, 15 de xaneiro de 1998.

José Ramón Molinero Senovilla

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

ExpedienteDenunciado

Último enderezo coñecido

Feito denunciadoPreceptoSanción posibleInstructor
InfrinxidoSancionador

LU-273/97Rosa Arrieta Rodríguez. DNI: 29.200.689. Rúa Colón, 28-32, Logroño. Vicente Canuto Lucena. DNI: 20.007.815. Rúa República Argentina, 115-2º 7, Gandía-ValenciaEncontrarse o día 27 de agosto de 1997 no núcleo urbano de Bretoña-A Pastoriza-Lugo cunha atracción de feira con 7 ponis e carecer de guía de orixe e sanidade pecuaria.Artigo 32 do regulamento da Lei de epizootiasArtigo 212 do regulamento da Lei de epizootiasDo 20 ó 30 por 100 do valor da resMauricio Alonso Troncoso
LU-333/97Sara Carballedo Rodríguez. DNI: 34.252.210 Lug. Martín BóvedaTransporta-lo día de novembro de 1997, no vehículo-remolque matrícula M-8604-CB, 5 cabezas de gando porcino desde Sarria ata Toiriz-Monforte de Lemos e carecer de guía de orixe e sanidade pecuaria e do documento de inscrición do remolque para transportar animais.Artigos 32 e 52 do regulamento da Lei de epizootiasArtigos 212 e 215 do regulamento da Lei de epizootiasDo 20 ó 30 por 100 do valor da res e de 2.500 a 100.000 ptas.Mauricio Alonso Troncoso

727