Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Martes, 10 de febreiro de 1998 Páx. 1.290

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 13 de xaneiro de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que anuncia o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola execución do proxecto de liña a M.T. ó C.T. de Tarrío, no concello de Portas, a favor da empresa Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. (Expediente 190/1995 A.T.).

En cumprimento do ordenado no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa en relación co nº 6 do artigo 31 do Regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, fáiselles saber, en resumo, a tódolos interesados afectados pola execucióin do proxecto de referencia do que a súa urxente ocupación foi outorgada polo Decreto 340/1997, do 6-11-1997, DOG nº 229, do 26-11-1997, que

o día 16-4-1998, a partir das 11 horas, se dará comezo ó levantamento sobre o terreo polo representante da Administración das actas previas á ocupación, correspondentes ós predios situados no concello de Portas, sinalados cos números que en folla adxunta se detallan previndo os ditos interesados de que na respectiva notificación individual, que mediante cédula se lles practicará, coa debida anticipación legal, o día e hora en que para cada un terá lugar a dita dilixencia, prevíndoos tamén de que nos ditos actos poderán facerse acompañar dos seus peritos ou dun notario, pola súa conta, se así o estimasen conveniente.

A relación será fixada no taboleiro de anuncios do concello e nos desta delegación.

Vigo, 13 de xaneiro de 1998.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente nº: 190/1995 A.T.Provincia: Pontevedra

Liña M.T. a C.T. de TarríoConcello: Portas

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

ApoioVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosDomicilionºmmlm

13RegueiraPradoDescoñecido11110

25AndeanaLaborDavid Castro ReyCurrás, 22-Romai

36658 Portas

990

30AndeanaLaborDavid Castro ReyCurrás, 22-Romai

36658 Portas

11110

42As VilasLaborDavid Castro ReyCurrás, 22-Romai

36659 Portas

880

609