Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Martes, 10 de febreiro de 1998 Páx. 1.289

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 13 de novembro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se abre información pública para a autorización administrativa da planta de coxeración que se cita. (Expediente 97/667 R.C.I. 18.619).

Para os efectos previstos no Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a solicitude da empresa Port Vigo, S.L., con enderezo social na rúa Cánovas del Castillo, 4-2º, Vigo (Pontevedra), para a autorización administrativa dunha planta de coxeración que se vai instalar no polígono industrial das Somozas, municipio das Somozas (A Coruña).

A planta de coxeración constará dunha potencia eléctrica total en bornes dos xeradores de 2.920 kW, composta de:

-Dous motores de combustión interna alternativos funcionando con gasóleo B ou combustible xerado na propia planta, de 1.521 kW mecánicos cada un.

-Dous xeradores síncronos trifásicos, de 1.825 kVA cada un, tensión de xeración 0,4 kV, factor de potencia 0,8.

-Un centro de transformación 20/0,4 kV con dous transformadores de 2.000 kVA cada un, e un trafo de 1.000 kVA para servicios auxiliares.

-Instalacións de baixa tensión, de regulación e control de todo o sistema e de interconexión coas liñas eléctricas da compañía eléctrica distribuidora.

O investimento necesario para a planta calcúlase en 209.000.000 de ptas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas reclamacións ou oposición, no prazo de trinta días, nesta delegación provincial, edificio administrativo Monelos, 15071 A Coruña.

A Coruña, 13 de novembro de 1997.

Juan I. Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

547