Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Martes, 10 de febreiro de 1998 Páx. 1.267

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 28 de xaneiro de 1998, da Dirección Xeral de Persoal, pola que se determina a composición das comisións dictaminadoras do concurso de traslados entre funcionarios docentes dos corpos de profesores que imparten ensino secundario, formación profesional, idiomas e ensinanzas artísticas.

A base décimo quinta da Orde do 10 de novembro de 1997 (DOG do 1 de decembro) pola que se determina a composición das comisións dictaminadoras do concurso de traslados entre funcionarios pertencentes ós corpos de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño e dos corpos de catedráticos e profesores de música e artes escénicas determina que a Dirección Xeral de Persoal designará as comisións dictaminadoras oportunas, que valorarán os méritos subxectivos presentados polos concursantes.

Na súa virtude, esta dirección xeral,

DISPÓN:

Primeiro.-Formaranse catro comisións para o corpo de profesores de ensino secundario (dúas para a área de letras, unha para a área de ciencias e outra para a área de tecnoloxías) e unha para cada un dos corpos de profesores técnicos de formación profesional e profesores de música e artes escénicas.

Segundo.-Facer pública a composición das comisións dictaminadoras no anexo da presente resolución.

Actuará como secretario o funcionario que designe a Dirección Xeral de Persoal entre os que exerza as súas funcións nela.

Terceiro.-As comisións poderán solicita-lo asesoramento dos funcionarios que exerzan a función inspectora en materia educativa e de funcionarios pertencentes ós corpos que, de acordo co establecido na base décimo quinta da Orde do 21 de outubro de 1996, poden formar parte da comisión sempre que non estean suxeitos ás incompatibilidades establecidas no artigo 28 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Cuarto.-Os membros da comisión terán dereito a percibir asistencias conforme o previsto no Decreto 299/1990, do 24 de maio (DOG do 1 de xuño), e conforme ás clasificacións que recolle estas comi

sións consideraranse incluídas na categoría primeira as que teñan que avaliar méritos dos corpos correspondentes ó grupo A, e na categoría segunda, as que avalíen os méritos dos corpos incluídos no grupo B.

Santiago de Compostela, 28 de xaneiro de 1998.

Jaime García y García

Director xeral de Persoal

ANEXO

* Corpo de profesores de ensino secundario.

-Área de letras, comisión número 1 (xeografía e historia, música, filosofía e inglés):

Presidente: Mª Concepción Otero Vázquez.

Vocais: José Ramón López Vázquez.

Javier Travieso Mougán.

Mª Teresa Pensado Castiñeiras.

Ángel Casillas Martín.

-Área de letras, comisión número 2 (lingua castelá e literatura, lingua e literatura galegas, latín, grego e francés):

Presidente: Modesto Hermida García.

Vocais: Mª Teresa Pardo Núñez.

José Antonio Dobarro Posada.

Mª Asunción Acosta García.

Primitiva Isidro Gómez.

-Área de ciencias:

Presidente: Agustín Hermida López.

Vocais: Julia Mª Daviña Vázquez.

Pedro Ávila Durán.

César González Posa.

Andrés Bermúdez Naveira.

-Área de tecnoloxías:

Presidente: Alfonso González González.

Vocais: Mª Esther Marcos García.

Salvador Pazos Sierra.

Mª del Carmen Viñas Álvarez.

José García Seco.

* Corpo de profesores técnicos de formación profesional.

Presidente: Ricardo Vázquez Álvarez.

Vocais: Juan José Hombre Eiras.

Ramón Rey Sánchez.

Jesús Javier Cajaraville Sánchez.

Antonio Negreira Noya.

* Corpo de profesores de música e artes escénicas.

Presidente: Rodolfo García Alonso.

Vocais: Andrés Vales González.

Elisa Timiraos Ferreira.

Clara Groba Otero.

Elisa Moscoso Vázquez.

781