Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Martes, 10 de febreiro de 1998 Páx. 1.245

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

ORDE do 15 xaneiro de 1998 pola que se fixan os prezos de venda ó público de diversas publicacións da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo

A Ley 13/1991, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, no seu artigo 6, sinala a obriga de que os prezos privados sexan fixados polas consellerías correspondentes, logo do informe favorable da Consellería de Economía e Facenda e publicadas no Diario Oficial de Galicia.

Para cumprir con este mandato e despois de emitido o correspondente informe favorable pola Consellería de Economía e Facenda, esta consellería,

DISPÓN:

Artigo único:

1. Quedan aprobados os prezos de venda ó público das publicacións editadas por esta consellería que se relacionan no anexo.

2. Estes prezos entenderanse, se é o caso, con IVE incluído.

Santiago de Compostela, 15 de xaneiro de 1998.

Jesús Pérez varela

Conselleiro de Cultura, Comunicación

Social e Turismo

ANEXO

Reimundo Patiño. Ciclo monográfico de conferencias (edición galego): 1.500 ptas.

Reimundo Patiño. Ciclo monográfico de conferencias (edición castelán): 1.500 ptas.

Luigi Nono. Caminante ejemplar (edición castelán / inglés): 1.500 ptas.

Luigi Nono. Caminante exemplar (edición galego / inglés): 1.500 ptas.

Nacho Criado (edición castelán / inglés): 2.500 ptas.

Nacho Criado (edición galego / inglés): 2.500 ptas.

Jorge Barbi (edición galego / inglés): 2.500 pts

Jorge Barbi (edición galego / inglés): 2.500 ptas.

669