Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Luns, 09 de febreiro de 1998 Páx. 1.236

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (expediente 39/1997).

Anúnciase que a Comisión Municipal de Goberno, en sesión ordinaria con data do 18 de decembro de 1997 adoptou, entre outros o seguiente acordo:

1. Aprobar inicialmente, por instancia de Antonio Guedella Álvarez, o proxecto de urbanización da zona 10 A do SU-5 do PXOU de Ourense.

De conformidade co disposto no artigo 44.3 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, sométese o citado expediente a exposición pública polo prazo dun mes que empezará a contar a partir do día seguinte ó da última publicación oficial deste anuncio, para que tódalas persoas interesadas poidan achega-las alegacións que consideren pertinentes.

Este anuncio suple as circunstancias que poidan concorrer no disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 9 de xaneiro de 1998

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde

527