Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Luns, 09 de febreiro de 1998 Páx. 1.229

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 12 de decembro de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a presentación de solicitude do permiso de investigación Porto, nos concellos do Porriño e Tui, por parte de Miguel Rodríguez Romero.

A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Pontevedra, fai saber que Miguel Rodríguez Romero, con domicilio en San Simón, Ribadelouro, Tui, presentou nesta delegación provincial, o día 13 de decembro de 1996, instancia-solicitude do permiso de investigación Porto, de 8 cuadrículas mineiras para recursos de granito ornamental, que se sitúa nos termos municipais do Porriño e Tui, da provincia de Pontevedra, e ó que lle correspondeu o nº 2755, da provincia de Pontevedra.

A designación do terreo é a seguinte:

LonxitudeLatitude

Vértice 18º 40' 40"42º 06' 40"

Vértice 28º 39' 20"42º 06' 40"

Vértice 38º 39' 20"42º 06' 00"

Vértice 48º 40' 40"42º 06' 00"

A solicitude foi admitida definitivamente, salvo mellor dereito e sen prexuízo de terceiros.

O que se fai público para que calquera que se considere interesado interpoña a súa reclamación no prazo de quince días hábiles ante esta delegación provincial; pasado o dito prazo non se admitirá ningunha oposición.

Pontevedra, 12 de decembro de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

523