Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Luns, 09 de febreiro de 1998 Páx. 1.206

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 30 de decembro de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, depósito e publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Construcciones y Contratas, S.A./Estacionamientos y Servicios, S.A. (UTE Vigo) (ORA).

Visto oe xpediente do convenio colectivo para a empresa Construcciones y Contratas, S.A:/Estacionamientos y Servicios, S.A. (UTE Vigo) (ORA), que tivo entrada nesta delegación provincial o día 9-12-1997, subscrito en representación da parte económica por unha representación da empresa, e da parte social, polos delegados de persoal o 4-11-1997. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo,

polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 30 de decembro de 1997.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo da empresa Construcciones y Contratas, S.A./Estacionamientos y Servicios, S.A. (UTE Vigo) para o seu persoal adscrito ós servicios da Ordenanza e regulación de aparcamentos (ORA) da cidade de Vigo

Capítulo I

Disposicións xerais

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación: persoal funcional e territorial.

O presente convenio colectivo será de aplicación a todo o persoal adscrito ós servicios de ordenanza e regulación de aparcamento (ORA) que a empresa Construcciones y Contratas, S.A./Estacionamientos y Servicios, S.A. (UTE Vigo) ten contratados co Concello de Vigo.

Artigo 2º.-Duración e vixencia.

O presente convenio colectivo terá unha duración desde outubro de 1997 ata o 31 de decembro de 1998.

O convenio colectivo entrará en vigor o día do seu asinamento excepto os aspectos económicos que terán efecto desde o día 1 de xaneiro de 1998.

O citado convenio quedará denunciado automaticamente ó seu vencemento mantendo a vixencia de todo o seu contido ata a entrada en vigor dun novo convenio.

Artigo 3º.-Vinculación á totalidade.

As condicións pactadas forman un todo orgánico e indivisible e para efectos da súa aplicación práctica serán consideradas globalmente en cómputo anual.

Artigo 4º.-Absorción e compensación.

As retribucións establecidas neste convenio compensarán e absorberán tódalas existentes no momento da súa entrada en vigor calquera que sexa a natureza ou a orixe delas.

Os aumentos de retribucións que poidan producirse no futuro por disposicións legais de xeral aplicación só poderán afectar ás condicións pactadas no presente convenio cando consideradas as novas retribucións en cómputo anual sexan superiores ás aquí pactadas. En caso contrario serán absorbidas ou compensadas por estas últimas subsistindo o presente convenio nos seus propios termos e sen ningunha modificación nos seus conceptos

Artigo 5º.-Garantías ad personam e dereitos adquiridos.

Respectaranse as condicións superiores pactadas a título persoal que estean establecidas ó entrar en vigor o presente convenio e que con carácter global excedan del en cómputo anual.

Artigo 6º.-Comisión Paritaria.

Co obxecto de resolver aquelas cuestións que puidesen referirse á interpretación ou aplicación do presente convenio queda constituída unha comisión paritaria composta por tres representantes da parte empresarial e tres representantes pola parte social que deberán reunirse nas 48 horas seguintes á convocatoria de calquera das partes.

As súas funcións serán as seguintes:

a) Interpretación da totalidade das cláusulas do convenio.

b) Vixilancia e cumprimento do pactado.

c) Estudio, valoración e aplicación das novas disposicións legais de promulgación posterior á entrada en vigor do presente convenio e que poidan afecta-lo seu contido.

As partes conveñen en lle dar coñecemento á comisión paritaria de cantas dúbidas discrepancias e conflictos puidesen orixinarse como consecuencia da interpretación do presente convenio co obxecto de que esta emita informe no prazo máximo de 48 horas contados a partir do seguinte a aquel en que se lle solicitase antes de presentar reclamación ante os organismos competentes.

As reunións da comisión paritaria non descontarán do crédito de horas sindicais cando fosen convocadas pola empresa.

Artigo 7º.-Resolución extraxudicial de conflictos de traballo.

As partes asinantes deste convenio colectivo acordan acollerse no referente ós conflictos colectivos ós procedementos de conciliación mediación e arbitraxe recollidos no AGA.

Artigo 8º.-Cambio de titularidade da empresa e subrrogación dos servicios.

Co fin de regula-la estabilidade no emprego dos traballadores desta actividade cando a actual empre

sa perda a adxudicación dos servicios contratados a nova sociedade adxudicataria ou entidade que se faga cargo estará obrigada a subrogarse nos contratos dos traballadores adscritos a estes servicios calquera que sexa a modalidade de contratación deles.

A nova sociedade adxudicataria ou a entidade que se faga cargo estará obrigada a cumpri-lo convenio colectivo en vigor e expresamente a respectar tódolos dereitos económicos e laborais dos traballadores recoñecendo expresamente os representantes legais deles.

Artigo 9º.-Lexislación supletoria.

Para todo o non previsto neste convenio seralle de aplicación a lexislación laboral vixente e en especial o Real decreto lexislativo 1/1995 do 24 de marzo texto refundido do Estatuto dos traballadores.

Capítulo II

Condicións de traballo

Artigo 10º.-Xornada de traballo.

A xornada de traballo efectivo será de 40 horas semanais que en cómputo anual serán de 1.800 horas.

A distribución da xornada estará supeditada en cada momento ás necesidades do servicio e ós cambios que nel poidan producirse en función do contrato entre a empresa e o Concello de Vigo.

Os excesos de horas semanais que se produzan como consecuencia do expresado no parágrafo anterior compensaranse con días de descanso entre semana. Cando o día de descanso coincida con festivo correrá a quenda sen que o persoal afectado efectúe este regularizándose esta situación nos quince días seguintes.

A xornada enténdese de traballo efectivo e comezará e rematará na zona asignada en cada momento ó vixilante precisándose así mesmo que á hora de comezo e remate da xornada o traballador atopase o seu posto de traballo.

Artigo 11º.-Noiteboa e Noitevella.

Dado o carácter de servicio público de ORA os días 24 e 31 de decembro poderán te-la consideración de inhábiles se así o decidise o Concello de Vigo absorbendo neste caso as posibles reduccións de xornada que estivesen pendentes.

Artigo 12º.-Vacacións.

Todo o persoal afecto ó presente convenio desfrutará de 30 días naturais de vacacións retribuídas ou a parte proporcional que lle corresponda en función do tempo de permanencia na empresa.

As vacacións retribuiranse considerando a cantidade que lle correspondería percibir ó traballador como se de traballo efectivo se tratase.

As vacacións desfrutaranse en tres quendas repartidas nos meses de xullo agosto e setembro garantíndose a rotatividade no seu desfrute. Para tal fin

confeccionarase un calendario de vacacións logo da negociación entre a empresa e os representantes dos traballadores e publicarase con polo menos dous meses de antelación á data prevista do seu inicio. Unha vez publicada a lista esta non se poderá modificar por ningunha das partes.

No suposto de que o traballador se atope en situación de incapacidade temporal ó comezo das súas vacacións non perde o seu dereito a elas pero estas reiniciaranse unha vez rematadas as correspondentes quendas vacacionais e sempre dentro do ano natural.

Artigo 13º.-Licencias e permisos.

O traballador logo do aviso de 48 horas nos casos a) d) e e) seguintes e posterior xustificación poderá ausentarse do traballo con dereito a remuneración por algún dos motivos e polo tempo seguinte:

a) 16 días naturais en caso de matrimonio.

b) 4 días laborables en caso de falecemento ou enfermidade grave do cónxuxe ou fillos ou nacemento dun fillo e dous días maís se estes feitos se producen fóra da provincia.

c) 3 días naturais en caso de falecemento de familiares ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade.

d) 2 días naturais por traslado de domicilio habitual.

e) 1 día natural en caso de matrimonio de familiares ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade.

f) Polo tempo indispensable para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público e persoal.

g) Polo tempo necesario no suposto de citacións xudiciais como consecuencia de incidencias producidas durante o servicio e que non sexan imputables ó traballador.

h) 15 días ó ano de permiso sen soldo sempre que non entorpezan o normal desenvolvemento do servicio e comunicación previa á empresa con 15 días de antelación.

Artigo 14º.-Excedencias.

O traballador cunha antigüidade mínima dun ano na empresa terá dereito a que se lle recoñeza unha excedencia voluntaria por un prazo de 1 ano a 5 anos. Este dereito só poderá ser exercitado outra vez polo mesmo traballador se transcorreron catro anos desde a finalización da anterior excedencia.

Así mesmo a empresa reservará o posto de traballo ó traballador en excedencia por un tempo máximo de 3 anos tendo este último que avisar á empresa con dous meses de antelación á reincorporación a el xa que no caso de non facelo perderá o dereito ó seu posto de traballo dentro da empresa ou no seu defecto da concesionaria do servicio nese momento.

En todo o non previsto neste artigo haberá que aterse ó establecido con carácter xera no artigo 46 do Estatuto dos traballadores e demais normas vixentes sobre a materia.

Artigo 15º.-Seguridade e saúde laboral.

Haberá que aterse ó disposto na lexislación laboral vixente e en especial á Lei 31/1995 do 8 de novembro de prevención de riscos laborais.

Artigo 16º.-Recoñecemento médico.

A empresa concertará obrigatoriamente coa entidade aseguradora de accidentes de traballo unha revisión médica anual para tódolos traballadores de carácter voluntario para estes que se realizará fóra da xornada normal de traballo.

Artigo 17º.-Pagamento do salario.

O pagamento da nómina mensual efectuarase o último día hábil de cada mes. Cando coincida en festivo ou sábado efecturase o día anterior. A entrega da nómina será o día anterior ó pagamento.

O comité de empresa proporá o pagamento por transferencia a través de 4 entidades bancarias.

O traballador logo da notificación á empresa dun mes poderá elixir calquera das catro entidades para que se lle ingrese a nómina achegando xunto coa solicitude os datos relativos á súa conta bancaria.

Acórdase concederlles ós traballadores anticipos quincenais cun importe que non supere o 50% do seu salario mensual nos días que á súa vez se poñerán no taboleiro de anuncios o día 11 de cada mes.

Capítulo III

Condicións económicas

Artigo 18º.-Salario base.

O salario base do persoal afecto polo presente convenio será o que para cada categoría se establece na táboa salarial anexa.

O salario base devengarase por día natural.

Artigo 19º.-Antigüidade.

Os traballadores comprendidos no ámbito deste convenio percibirán como complemento persoal de antigüidade no servicio á empresa dun aumento periódico segundo a seguinte escala:

-Ós 2 anos cumpridos: 5%.

-Ós 4 anos cumpridos: 10%.

-Ós 6 anos cumpridos: 15%.

-Ós 8 anos cumpridos: 20%.

-Ós 13 anos cumpridos: 27%.

-Ós 18 anos cumpridos: 34%.

-Ós 23 anos cumpridos: 41%.

-Ós 28 anos cumpridos: 48%.

-Ós 33 anos cumpridos: 55%.

A porcentaxe fixada como complemento persoal de antigüidade calcularase sobre o salario base do convenio.

Artigo 20º.-Plus de asistencia.

Establécese un plus de asistencia para o persoal afecto polo presente convenio na contía sinalada na

táboa salarial anexa que se devengará por día efectivamente traballado cun rendemento normal e correcto.

Artigo 21º.-Plus de calidade.

Establécese un plus de calidade para o persoal afecto polo presente convenio na contía sinalada na táboa salarial anexa que se devengará por día efectivamente traballado cun rendemento normal e correcto.

Artigo 22º.-Plus extrasalarial.

Para supli-los gastos ocasionados polo transporte e a distancia establécese un plus extrasalarial pola contía establecida na táboa salarial anexa aboándose por día efectivamente traballado.

Artigo 23º.-Pagas extrardianarias.

Establécense tres pagas extraordinarias denominadas verán, Nadal e marzo que se aboarán a razón de 30 días cada unha de salario base máis antigüidade.

O período de devengo das pagas será o seguinte:

-Paga de verán: do 1 de xaneiro ó 30 de xuño.

-Paga de Nadal: do 1 de xullo ó 31 de decembro.

-Paga de marzo: do 1 de xaneiro ó 31 de decembro.

As datas de aboamento das pagas serán as seguintes:

-Paga de verán: antes do día 20 de xullo.

-Paga de Nadal: antes do día 21 de decembro.

-Paga de marzo: dentro do primeiro trimestre do seguinte ano.

Non se descontará das pagas extraordinarias o tempo de baixa por incapacidade temporal.

Capítulo IV

Melloras sociais

Artigo 24º.-Protección da maternidade.

Cando as condicións dun posto de traballo puidesen influír negativamente na saúde da traballadora embarazada ou no feto circunstancia esta que deberá ser certificada polo médico da Seguridade Social que asista á traballadora a empresa modificará as condicións e/ou funcións de traballo da traballadora de forma que as condicións laborais resulten compatibles co seu estado.

Esta situación manterase ata que o estado de saúde da traballadora permita a súa reincorporación ás condicións anteriores do posto de traballo ou ás funcións que desempeñaba anteriormente. Este cambio virá igualmente certificado polo médico da Seguridade Social e poderá adiarse ata despois do período de lactación se así o considerase o mesmo médico que asista á traballadora e que certificou o risco inicial das condicións do posto de traballo.

As traballadoras embarazadas terán dereito a ausentarse do traballo con dereito a remuneración para a realización de exames prenatais e técnicas

de preparación ó parto logo do aviso ó empresario e xustificación da necesidade da súa realización dentro da xornada de traballo.

Artigo 25º.-Complementos por incapacidade temporal.

En caso de enfermidade ou accidente non laboral a empresa aboaralle ó traballador a partir do día 17 da data de baixa a diferencia entre a prestación económica da Seguridade Social e o salario bruto mensual que lle correspondese percibir no período de baixa con exclusión das horas extraordinarias.

En caso de accidente de traballo a empresa aboaralle ó traballador a partir do primeiro día da baixa a diferencia entre a prestación económica da Seguridade Social e o salario bruto mensual que lle correspondera percibir no período de baixa con exclusión das horas extraordinarias.

En caso de IT con hospitalización aboarase desde o primeiro día da hospitalización e mentres dure esta o 100% do seu salario mensual con exclusión das horas extraordinarias.

Artigo 26º.-Póliza de accidente.

A empresa comprométese a subscribir unha póliza de seguro por accidente de traballo que lles garanta ó traballador ou ós seus habentes causa as seguintes indemnizacións:

-Falecemento por accidente laboral ou enfermidade profesional: 3.000.000 de ptas.

-Incapacidade permanente total absoluta ou gran invalidez derivada de accidente laboral ou enfermidade profesional: 3.000.000 de ptas.

Artigo 27º.-Axuda familiar.

Os traballadores afectados polo presente convenio que teñan ó seu cargo unha persoa diminuída psíquica ou física de acordo coas estipulacións requiridas pola Seguridade Social e logo da xustificación percibirán un complemento extrasalarial de 10.000 ptas./mensuais.

Artigo 28º.-Xubilación anticipada.

Establécese un sistema de xubilación anticipada voluntaria e de mutuo acordo entre a empresa e traballador de acordo coa seguinte escala:

-Xubilación ós 60 anos: 5 mensualidades.

-Xubilación ós 61 anos: 4 mensualidades.

-Xubilación ós 62 anos: 3 mensualidades.

-Xubilación ós 63 anos: 2 mensualidades.

-Xubilación ós 64 anos: 1 mensualidade.

As mensualidades aboaranse con independencia dos anos de servicio na empresa.

Artigo 29º.-Asistencia letrada.

No suposto de citacións xudiciais do persoal como consecuencia de incidencias producidas no normal desenvolvemento do servicio a empresa proporcionará a asistencia letrada necesaria.

Entregarase copia das denuncias ó comité de empresa sempre que sexa co consentimento do traballador.

Artigo 30º.-Roupa de traballo.

Os traballadores recibirán como dotación do vestiario e uniformes para o traballo as seguintes pezas de roupa:

a) No momento da incorporación:

Un equipo completo segundo a temporada.

* Equipo de inverno.

-Dous pantalóns ou saias.

-Un xersei.

-Dúas camisas de manga longa.

-Un anorak.

-Un par de botas.

-Un xogo de anagramas adhesivos.

-Dous pares de luvas de la.

-Unha viseira ou gorra.

* Equipo de verán.

-Dous pantalóns ou saias.

-Dúas camisas de manga curta.

-Un par de zapatos.

-Un xersei.

b) Anualmente:

-Un pantalón ou saia de inverno.

-Un pantalón ou saia de verán.

-Unha camisa de inverno.

-Un par de botas.

-Un xersei.

c) Bianualmente:

-Un cinto.

Cando se presente unha peza de roupa deteriorada procederase á entrega da correspondente nova.

No caso de producirse a baixa do traballador por calquera motivo estará obrigado a entrega-la roupa que teña en existencia. Igualmente en cada entrega de peza de roupa agás a inicial recollerase a peza de roupa usada correspondente.

Datas de entrega:

-Roupa de verán: 30 de abril.

-Roupa de inverno: 30 de setembro.

Capítulo V

Acción sindical

Artigo 31º.-Dereito de información.

A empresa facilitaralles ós representantes dos traballadores a información establecida con carácter xeral no artigo 64.1 do Estatuto dos traballadores referida á cidade de Vigo.

Artigo 32º.-Información do absentismo.

A empresa facilitará ós representantes dos traballadores unha información trimestral coincidindo coa división natural do ano en trimestres.

A información estará referida ó número de días de absentismo polos motivos de enfermidade accidente e faltas inxustificadas.

Artigo 33º.-Horas sindicais.

As horas investidas nas reunións dos representantes dos traballadores coa empresa será por conta de quen convoque a reunión.

Acéptase a acumulación cuadrimestral de horas sindicais con comunicación previa á empresa.

Cláusula adicional

O incremento salarial pactado para o ano 1998 é o IPC real máis un punto.

Así mesmo trasládanse 288 ptas. do plus de calidade ó salario base sen que o incremento global e partindo do IPC poida ser superior ó 45%.

No caso de que o IPC real de 1998 sexa superior ó 22% efectuarase unha revisión salarial polo exceso.

CYCSA-EYSSA-(UTE Vigo)

ANEXO I

Táboa salarial do persoal adscrito ó servicio de ordenanza e regulación de aparcamentos (ORA) da cidade de Vigo

Vixencia desde o 1-1-1998 ó 31-12-1998

CategoríaSalario

base

Plus

asistencia

Plus

calidade

Plus

extrasalarial

Pagas extras

Ver./Nad./Mar.

Total anual

Encargado 3.038679 2.612 64291.1402.353.741
Ofic. mant. 2.753614 1.391 64282.5901.906.424
Vixilante 2.495517 64274.8501.421.498
Op. emisora 2.495 740 64274.8501.476.579
Ofc. 2ª Administ.75.89021.85013.31375.8901.560.306
Aux. Administ.75.89015.11213.31375.8901.479.450

270