Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Venres, 06 de febreiro de 1998 Páx. 1.194

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CAMBRE

ANUNCIO.

O Pleno do Concello de Cambre, na súa sesión con data do 9 de decembro do ano 1997, acordou aprobar definitivamente o proxecto de modificación das normas subsidiarias municipais para a apertura dunha vía en solo urbano de Cambre, presentado por Patrucial, S.L.,e que redactaron os arquitectos José Ferreiro Digón e Emilio Cortés Varela.

O que se fai público de conformidade co establecido no artigo 48.2º da Lei 1/1997, do solo de Galicia.

Contra este acordo poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo perante a sala competente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, durante o prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da última publicación do presente acto, segundo o establecido no artigo 58.3º da Lei da xurisdicción contencioso-administrativa, o que se lle deberá comunicar previamente a este concello, segundo o establecido no artigo 110.3º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Cambre, 26 de decembro de 1997.

Antonio Varela Saavedra

Alcalde

490