Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Venres, 06 de febreiro de 1998 Páx. 1.193

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 22 de xaneiro de 1998, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, pola que se anuncia concurso público, polo procedemento aberto (tramitación anticipada), para a subministración de liñas p/diálise e outros (C.P. 48/1998).

O director xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, en virtude das atribucións que lle foron delegadas por Orde do 22 de maio de 1996 sobre delegación de competencias nos órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la contratación da subministración que a seguir se cita:

Obxecto: subministración de liñas para diálise e outros.

Orzamento: 21.496.860 ptas.

Garantía provisional: 429.937 ptas.

Lote 1: liña arterio-venosa p/monitral.

Orzamento: 2.613.600 ptas.

Garantía provisional: 52.272 ptas.

Lote 2: liña p/cicladora Pers.

Orzamento: 1.995.840 ptas.

Garantía provisional: 39.917 ptas.

Lote 3: kit Hemofil. uvi vea/vea.

Orzamento: 1.386.720 ptas.

Garantía provisional: 27.734 ptas.

Lote 4: Prolong. p/sist. D.P.

Orzamento: 1.125.000 ptas.

Garantía provisional: 22.500 ptas.

Lote 5: apósito H.D.

Orzamento: 1.212.750 ptas.

Garantía provisional: 24.255 ptas.

Lote 6: Desinfect. e Desincrust. H.D.

Orzamento: 3.168.000 ptas.

Garantía provisional: 63.360 ptas.

Lote 7: tapón equipo desconexión Y.

Orzamento: 1.146.600 ptas.

Garantía provisional: 22.932 ptas.

Lote 8: agulla fístula 15g longa.

Orzamento: 1.262.250 ptas.

Garantía provisional: 25.245 ptas.

Lote 9: Cat. Subcl. H.D. 11,5x20 D. luz.

Orzamento: 5.184.000 ptas.

Garantía provisional: 103.680 ptas.

Lote 10: Cat. Subcl. H.D. 10x15 D. luz.

Orzamento: 502.200 ptas.

Garantía provisional: 10.044 ptas.

Lote 11: Cat. Yug. H.D. 11,5x150 curvo.

Orzamento: 801.900 ptas.

Garantía provisional: 16.038 ptas.

Lote 12: Cat. Swan Thenckoff iz.

Orzamento: 1.098.000 ptas.

Garantía provisional: 21.960 ptas.

I. Forma de adxudicación: concurso polo procedemento aberto (tramitación anticipada).

II. Prazo de entrega: segundo necesidades comunicadas polo Servicio de Compras e Subministración e no seu caso, a partir dos 15 días naturais seguintes á sinatura do contrato.

III. Admisión de variantes: non se admiten variantes.

IV. Solvencia económica, financieira e técnica: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

V. Criterios de adxudicación:

Oferta económica: 60%.

Calidade dos materiais: 20%.

Servicio técnico da subministración: 20%.

Total: 100%.

VI. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria, poden ser solicitados no Servicio de Contratación do Complexo Hospitalario (planta terceira do edificio da Escola Universitaria de Enfermería, anexo ó Hospital Juan Canalejo). As Xubias de Arriba, 84. 15006-A Coruña, en días laborais desde as 9 ás 14 horas. Teléfono: (981) 17 80 73. Fax: (981) 17 80 32.

VII. Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e firmadas polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do Complexo Hospitalario Juan Canalejo (planta baixa do Hospital Juan Canalejo), antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou mandadas por correo, dentro do prazo sinalado.

VIII. Apertura das proposicións: terá lugar na sala de xuntas da xerencia do complexo hospitalario (planta baixa da Escola Universitaria de Enfermería), a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

IX. Documentación que deberán achega-los os licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

X. Anuncios: os anuncios do presente concurso serán por conta do adxudicatario do contrato.

A Coruña, 22 de xaneiro de 1997.

Jesús Caramés Bouzán

Director xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña

489