Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Venres, 06 de febreiro de 1998 Páx. 1.187

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 30 de xaneiro de 1998 pola que se anuncia, polo sistema de concurso procedemento aberto, trámite de urxencia, as contratacións dos seguintes servicios: contratación de persoal privado para servicios de seguridade nos centros dependentes da Delegación Provincial de Pontevedra; contratación de persoal privado para servicios de seguridade nos centros dependentes da Delegación Provincial de Lugo; contratación de persoal privado para servicios de seguridade nos centros dependentes da Delegación Provincial de Ourense e contratación de persoal privado para servicios de seguridade nos centros dependentes da Delegación Provincial da Coruña.

A Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anunciar, polo sistema de concurso, procedemento aberto, trámite

de urxencia, as contratacións dos seguintes servicios:

-Contratación de persoal privado para servicios de seguridade nos centros dependentes da Delegación Provincial de Pontevedra.

-Orzamento de licitación: dezanove millóns novecentas oitenta mil pesetas (19.980.000 ptas.), IVE incluído.

-Prazo de execución: doce (12) meses.

-Clasificación do contratista: non se esixe.

-Garantía provisional: 399.600 ptas.

-Contratación de persoal privado para servicios de seguridade nos centros dependentes da Delegación Provincial de Lugo.

-Orzamento de licitación: dezaoito millóns duascentas setenta e seis mil pesetas (18.276.000 ptas.), IVE incluído.

-Prazo de execución: doce (12) meses.

-Clasificación do contratista: non se esixe.

-Garantía provisional: 365.520 ptas.

-Contratación de persoal privado para servicios de seguridade nos centros dependentes da Delegación Provincial de Ourense.

-Orzamento de licitación: nove millóns cento vinte mil pesetas (9.120.000 ptas.), IVE incluído.

-Prazo de execución: doce (12) meses.

-Clasificación do contratista: non se esixe.

-Garantía provisional: 182.400 ptas.

-Contratación de persoal privado para servicios de seguridade nos centros dependentes da Delegación Provincial da Coruña.

-Orzamento de licitición: trinta millóns oitocentas setenta e seis mil pesetas (30.876.000 ptas.), IVE incluído.

-Prazo de execución: doce (12) meses.

-Clasificación do contratista: grupo III, subgrupo 2, categoria B.

-Garantía provisional: non se esixe.

-Exposición dos pregos: os pregos de prescripcións técnicas e os pregos de cláusulas administrativas estarán de manifesto para o seu exame no Servicio de Obras e Contratación da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, e nas delegacións provinciais durante o prazo de presentación de proposicións, de 10 a 14 horas, e no teléfono (981) 58 89 38.

-Prazo de presentación de proposicións: será de 13 días naturais contados a partir do día seguinte á publicación da presente resolución no DOG.

-Lugar de presentación de proposicións: no rexistro xeral da consellería en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente. Se

as proposicións se cursan por correo, haberá que aterse ó previsto na cláusula 7.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

-Documentación que presentarán os licitadores: a establecida pola cláusula 7 do prego de cláusulas administrativas particulares.

-Os licitadores que concorran a máis dun contrato de servicios, deberán presenta-la documentación para cada un deles.

-Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación ás 11 horas do quinto día natural seguinte ó do remate do prazo de admisión de proposicións na sala de xuntas da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Se coincidise en sábado ou festivo terá lugar o inmediato día hábil seguinte á mesma hora.

-O importe do anuncio do presente concurso será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 30 de xaneiro de 1998.

P.D. (Orde 15-12-1997, DOG nº 243, do 17)

José Mª Sánchez González

Secretario xeral da Consellería de Cultura,

Comunicación Social e Turismo

98-10179