Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Venres, 06 de febreiro de 1998 Páx. 1.176

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

CÉDULA do 23 de decembro de 1997, da Delegación Territorial de Vigo (Pontevedra), pola que se lles notifica a aquelas persoas que deberán achega-la documentación requirida polo Servicio de Xestión Tributaria para ultima-la tramitación dos expedientes relativos ós contribuíntes que se citan (Automoción Viguesa e dous máis).

Pola presente cédula notifícase, de conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, polo que se regula o réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, relación das persoas cos datos e último enderezo coñecido que se indican, para que procedan a achega-los documentos requiridos polo Servicio de Xestión Tributaria e así poder ultima-las resolucións dos recursos que se citan.

De acordo cos artigos 71, 76 e demais concordantes da Lei 30/1992 citada, deberán no prazo de dez días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta cédula nol DOG, presenta-la documentación solicitada polo Servicio de Xestión Tributaria desta Delegación Territorial de Economía e Facenda, con enderezo na praza América, bloque 1 portal oficinas 2ª planta Vigo.

Transcorrido o prazo sen que se achegue a documentación requirida, consideraranse que desistirán do trámite, e procederase á resolución do recurso.

Vigo, 23 de decembro de 1997.

Pedro J. Alrbolí Albarracín

Delegado territorial de Vigo (Pontevedra)

ContribuínteDomicilioConcepto e

expediente

Automoción Viguesa, S.A.

representada por

Eduardo Ramón Puga

Est. de Baiona,

138-Vigo

Xustificante revenda vehículo

PO-3039-AB

Expte.: 102901/91 R.R. V47/95

Xustificante revenda vehículo PO-9710-V

Expte.: 103108/91 R.R. V48/95

Xustificante revenda vehículo M-9714-FJ

Expte.: 101664/91 R.R. V54/95

Justificación documental acreditativa de que o vendedor era suxeito pasivo de IVE na data da transmisión.

Expte.: 111595/91 R.R. V63/95

ContribuínteDomicilioConcepto e

expediente

González Bouzas, Manuel

representado por

Aquilino González

Iglesias

Tomás Alonso,

10-1º B-Vigo

Xustificante Caixa de Aforros de Vigo das transferencias pagamento local

Expte.: 8292/90 (T)

Lorenzo Rial CatalinaAvd. Camelias,

113-Vigo

Justificación documental compravenda efectuada o 13-8-1993

Expte.: 108033/93 R.R. V71/95

537