Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Venres, 06 de febreiro de 1998 Páx. 1.173

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

CÉDULA do 15 de decembro de 1997, da Delegación Territorial de Vigo (Pontevedra), pola que se notifican liquidacións dictadas polo Servicio de Xestión Tributaria, relativa ós contribuíntes que se citan (Caixa de Aforros Provincial de Pontevedra e catro máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícanselle-las liquidacións complementarias relativas ós contribuíntes e conceptos cos datos e último domicilio coñecido que se indican e que foron dictadas polo Servicio de Xestión Tributaria en aplicación do artigo 52 da Lei xeral tributaria.

Os prazos para efectua-lo pagamento da débeda contraída son os sinalados no artigo 20 do Regulamento de recadación aprobado polo Real decreto

1684/1990, do 20 de decembro; os medios de pagamento establécense nos artigos 23 e seguintes do citado regulamento de recadación.

Os recursos que se poden interpoñer son: reclamación económico-administrativa ante o Tribunal Economico-Administrativo Rexional de Galicia, Secretaría Delegada de Vigo, r/ Lalín nº 2, ou o de reposición ante o Servicio de Xestión Tributaria

desta delegación territorial, praza de América nº 1, portal oficinas, 2ª planta, Vigo, ambos no prazo de 15 días contados desde o seguinte ó da data de publicación desta cédula no DOG.

Vigo, 15 de decembro de 1997.

Pedro J. Arbolí Albarracín

Delegado territorial de Vigo (Pontevedra)

ContribuínteEnderezoContíaConcepto

Caixa de Aforros Provincial de Pontevedra

NIF G36000271

Rosario, 7-3

Vigo

8.211Liquid.600602554764

Expte.3948/97

Caixa de Aforros Provincial de Pontevedra

NIF G36000271

Rosario, 7-3

Vigo

17.137Liquid.600602596671

Expte.5006/97

Cerdeira González, José

DNI 45551517V

Manuel de Castro, 42-6º

Vigo

60.221Liquid.600602591039

Expte.4534/97

Iascar Valenzuela, Aurea

DNI 01387079H

Soto de la Moraleja

Alcobendas-Madrid

70.800Liquid.004950000355

Expte.2751/95

Nieto Otero, José Luis

DNI 34644324E

Simón Bolívar, 51-6º A

Vigo

4.971Liquid.600702468571

Expte.4728/97

457