Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Venres, 06 de febreiro de 1998 Páx. 1.154

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 15 de xaneiro de 1998, da División de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo 1/1893/1997, interposto pola Xunta de Persoal dos Servicios Periféricos da Xunta de Galicia.

Na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia tramítase o recurso 1/1893/1997 interposto pola Xunta de Persoal dos Servicios Periféricos da Xunta de Galicia, contra a Resolución do 23 de xullo de 1997 (DOG nº 146, do 31 de xullo), pola que se convoca concurso-oposición libre para o ingreso nas clases de inspectores médicos, inspectores farmacéuticos e subinspectores sanitarios do Servicio Galego de Saúde. O que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento e se emprazan para que poidan comparecer en autos na sección primeira da antedita sala no prazo de nove días.

Santiago de Compostela, 15 de xaneiro de 1998.

Valeriano Martínez García

Director da División de Recursos Humanos

do Servicio Galego de Saúde

644