Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Xoves, 05 de febreiro de 1998 Páx. 1.129

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 21 de xaneiro de 1998, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e estatutos do Sindicato Galego de Auxiliares de Enfermería (Sigae).

En cumprimento do disposto no artigo 4 da Lei orgánica 11/1985, do 2 de agosto, de liberdade sindical, e para os efectos previstos nel, faise público que, no correspondente servicio desta dirección xeral, foron depositados a acta de constitución e os estatutos do Sindicato Galego de Auxiliares de Enfermería (Sigae) que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán pertencer ó devantido sindicato tódalas persoas que sexan auxiliares de enfermería ou estudiantes.

Asinan a acta de constitución: Xosé Manuel Rial López e Marta Estévez Estévez.

Santiago de Compostela, 21 de xaneiro de 1998.

María José Cimadevila Cea

Directora xeral de Relacións Laborais

561