Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Xoves, 05 de febreiro de 1998 Páx. 1.122

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (29/1996-2).

Eu, María Manuela García Jalón de la Lama, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela, dou fe:

Que no xuízo de divorcio que se segue neste xulgado co número 29/1996-2, se dictou sentencia, cun encabezamento e parte dispositiva do teor literal seguinte:

«Sentencia. En Santiago de Compostela o 9 de decembro de 1997, Ángel Pantín Reigada, maxistrado-xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco dos desta cidade, dictou a presente resolución no procedemento civil de divorcio seguido neste xulgado co número 29/1996-2, no que actuaron como demandante Esther Barreiro Cebey, maior de idade e veciña de Alcorcón, representada polo procurador dos tribunais Manuel Merelles Pérez (de oficio) e asistida polo letrado José A. Montero Villar e, como demandado, Mario Mella Rey, declarado en rebeldía e en descoñecido paradoiro.

Decido que debo decretar e decreto a disolución por divorcio do matrimonio formado por Esther Barreiro Cebey e Mario Mella Rey, e aprobo manter como medidas reguladoras da situación patrimonial e persoal creadas por esta resolución, as acordadas no xuízo de separación 106/1994 deste xulgado, seguido entre as partes. Non se fai imposición das custas. Unha vez firme esta resolución, expídanse os despachos oportunos para practica-la súa inscrición marxinal no Rexistro Civil.

Contra esta reolución poderá interporse recurso de apelación perante a audiencia provincial neste xulgado polo prazo de cinco días desde a notificación.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo. Asinado e rubricado».

E para que conste e lle sirva de notificación ó demandado rebelde Mario Mella Rey, expido e asino o presente edicto en Santiago de Compostela o trece de xaneiro de mil novecentos noventa e oito.

A secretaria

Rubricado

512