Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Xoves, 05 de febreiro de 1998 Páx. 1.118

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

ORDE do 21 de xaneiro de 1998 pola que se resolve convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Dirección Xeral de Protección Civil anunciada por Orde do 15 de setembro de 1997.

Convocada por Orde do 15 de setembro de 1997 (DOG nº 185, de 25 de setembro), a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Dirección Xeral de Protección Civil, de conformidade co previsto no artigo 27.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, na súa nova redacción dada polas leis 4/1991, do 8 de marzo e 3/1995, do 10 de abril, e nos artigos 16 e 17 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e no uso das facultades conferidas polo artigo 15.4º da devandita lei. Esta consellería,

DISPÓN:

Primeiro.-Resolve-la convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta dirección xeral, anunciada pola Orde do 15 de setembro de 1997 (DOG nº 185, do 25 de setembro).

Segundo.-Adxudicarlle destino, no posto de traballo que se indica, ó persoal que se relaciona no anexo da presente orde.

Terceiro.-O persoal mencionado deberá tomar posesión no prazo sinalado no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo.

Cuarto.-Contra a presente orde, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo, previsto na Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, do 27 de decembro de 1956, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses a partir do día seguinte ó da súa publicación, logo de comunicarllo a esta consellería, segundo o previsto no artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 21 de xaneiro de 1998.

Jesús Carlos Palmou Lorenzo

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións

Laborais

ANEXO I

NRP ou DNI: Remuiñán Suárez, Jorge.

Apelidos e nome: 3277865135A1166.

Grupo: A.

Corpo/escala: superior de sistemas e tecnoloxías da información.

Código do posto: PRP060000115770108.

Denominación: xefe de servicio de sistemas de información e comunicación.

Nivel: 28.

Dependencia: Dirección Xeral de Protección Civil.

Localidade: Santiago de Compostela.

581