Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Xoves, 05 de febreiro de 1998 Páx. 1.086

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 23 de xaneiro de 1998 pola que se amplía a campaña, establecida pola Orde do 26 de febreiro de 1996, para a regularización das tarxetas de inspección técnica dos vehículos agrícolas durante 1998.

A Orde do 26 de febreiro de 1996 (DOG do 25 de marzo), da Consellería de Industria e Comercio, estableceu unha campaña durante 1996 para a regularización das tarxetas de inspección técnica dos vehículos agrícolas.

No seu artigo 1 expoñíase que o obxecto da orde era regulariza-la situación dos vehículos agrícolas, de titulares que o soliciten, mediante a expedición da tarxeta ITV, despois da inspección técnica unitaria con resultado favorable.

A campaña desenvolvida nos últimos anos puxo de manifesto, desde o seu comezo, o volume elevado do parque existente e doutra banda a preocupación

do colectivo de titulares dos vehículos agrícolas, as súas asociacións representantes e outras institucións, resultando insuficiente para atender mediante unidades móbiles a demanda xerada nos concellos da Comunidade Autónoma o prazo establecido no artigo 3, da citada Orde do 26 de febreiro de 1996, así como a súa prórroga establecida por Resolución do 19 de febreiro de 1997.

Por iso, na súa virtude de acordo coas competencias que me foron transferidas,

RESOLVO:

Autoriza-la ampliación da campaña iniciada de acordo coa Orde de 26 de febreiro de 1996 para a regularización das tarxetas de inspección técnica dos vehículos agrícolas, naqueles concellos non atendidos nas campañas anteriores, ata o 31 de decembro de 1998.

Santiago de Compostela, 23 de xaneiro de 1998.

Antonio Couceiro Méndez

Conselleiro de Industria e Comercio

10229