O 15 de xaneiro de 1998 a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria recibe da sección primeira da Sala do Contencioso-Administrativo, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, a providencia polo que se admite o recurso contencioso-administrativo 01/0002270/1997, interposto por Emilio Sánchez Gómez contra acordo do director xeral de Ordenación Educativa e de Formación Profesional da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria do 13-11-1997, sobre petición de reintegro de gastos de viaxe e mantemento por asistencia a curso de especialización.
En consecuencia, esta secretaría xeral acordou nesta data e de conformidade co disposto no artigo 64 da Lei do 27 de decembro de 1956, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, modificada pola Lei 10/1992, do 30 de abril, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento a tódalas persoas interesadas no procedemento, e emprázanse para que poidan comparecer en autos na sección primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de nove días.
Santiago de Compostela, 15 de xaneiro de 1998.
Máximo García Serrano
Secretario xeral da Consellería de Educación
e Ordenación Universitaria
483