Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Xoves, 05 de febreiro de 1998 Páx. 1.084

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 15 de xaneiro de 1998, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo 01/0002266/1997, interposto por José Benito Míguez Rosendo.

O 15 de xaneiro de 1998 a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria recibe da sección primeira da Sala do Contencioso-Administrativo, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, a providencia polo que se admite o recurso contencioso-administrativo 01/0002266/1997, interposto por José Benito Míguez Rosendo contra acordo do director xeral de Ordenación Educativa e de Formación Profesional da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria do 13-11-1997, sobre petición de reintegro de gastos de viaxe e mantemento por asistencia a curso de especialización.

En consecuencia, esta secretaría xeral acordou nesta data e de conformidade co disposto no artigo 64 da Lei do 27 de decembro de 1956, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, modificada pola Lei 10/1992, do 30 de abril, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento a tódalas persoas interesadas no procedemento, e emprázanse para que poidan comparecer en autos na sección primeira da Sala do Contencioso-Admi

nistrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de nove días.

Santiago de Compostela, 15 de xaneiro de 1998.

Máximo García Serrano

Secretario xeral da Consellería de Educación

e Ordenación Universitaria

479