Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Mércores, 04 de febreiro de 1998 Páx. 1.066

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de decembro de 1997, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/139-3).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32000 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. da Pousa, Outarelo e Vilanova.

Situación: Xunqueira de Ambía.

Descricións técnicas: liña aérea a C.T. aéreo proxectado de Outarelo, de 20 kV, conductor LA-56, de 10 m de lonxitude, con orixe no apoio existente nº 9 da L.M.T. aérea proxectada ó C.T. aéreo de Armariz e remata no C.T. aéreo de Outarelo. Centro de transformación de Outarelo, de 50 kVA de potencia e relación de transformación 20.000/380-220 V. Rede de baixa tensión aérea de Outarelo e Vilanova, con conductor tipo R.Z. e 745 metros de lonxitude.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 10 de decembro de 1997.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

383