Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Mércores, 04 de febreiro de 1998 Páx. 1.053

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 26 de xaneiro de 1998, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproban e se fan públicas as relacións definitivas de admitidos e excluídos dos procesos selectivos para o ingreso nas escalas de profesores numerarios e mestres de taller de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros da Xunta de Galicia.

Por Resolución do 12 de decembro de 1997, da Dirección Xeral da Función Pública, publicada no

DOG nº 244, do 18 de decembro de 1997, aprobáronse e fixéronse públicas as relacións de aspirantes admitidos e excluídos dos procesos selectivos para o ingreso nas escalas de profesores numerarios e mestres de taller de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros da Xunta de Galicia.

Transcorrido o prazo regulamentario para a presentanción de reclamacións relativas ás citadas relacións de admitidos e excluídos, e resoltas estas, de conformidade co establecido no artigo 12 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia e nas bases I.4.2 das que rexen os procesos selectivos convocados polas ordes do 26 de agosto de 1997, publi

cadas nos DOG nº 198 e 199 do 14 e 15 de outubro, a Dirección Xeral da Función Pública,

RESOLVE:

Aproba-las listas definitivas de aspirantes admitidos e excluídos nos procesos selectivos para o ingreso nas escalas de profesores numerarios e mestres de taller de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros da Xunta de Galicia.

As listas definitivas de aspirantes excluídos figuran publicadas como anexo a esta resolución.

As listas definitivas de aspirantes admitidos estarán expostas nos taboleiros de anuncios da Consellería da Presidencia e Administración Pública, nos das súas delegacións provinciais, no da delegación territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura e nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia.

Para efectos de información o teléfono de contacto é (902) 12 00 12 en horarios de 9 a 19 horas de luns a venres e de 9 a 14 horas os sábados.

De conformidade co establecido na base I.3.1, cuarto parágrafo, os solicitantes excluídos disporán do prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, para solicita-la devolución dos dereitos de exame aboados, debendo consigna-lo nome e apelidos, NIF, corpo ó que se presentou e o número de conta, entidade bancaria e localidade desta.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses a partir do día da publicación no DOG.

Santiago de Compostela, 26 de xaneiro de 1998.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública

-Relación definitiva de aspirantes excluídos no proceso selectivo para o ingreso na escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo pesqueiros.

* Materia: bioloxía pesqueira.

Acceso libre.

Apelidos e nome: Reboredo Canosa, Santiago.

DNI: 32.451.863.

Causas de exclusión: 05.

* Materia: inglés marítimo.

Acceso libre.

Apelidos e nome: López Iglesias, María Teresa.

DNI: 32.822.084.

Causas de exclusión: 04.

* Materia: cultivos mariños.

Acceso libre.

Apelidos e nome: Fernández Albores, José Antonio.

DNI: 33.280.204.

Causas de exclusión: 04.

* Materia: formación e orientación laboral.

Acceso libre.

Apelidos e nome: Ramos Sánchez, Pilar.

DNI: 32.788.294.

Causas de exclusión: 03.

-Relación definitiva de aspirantes excluídos no proceso selectivo para o ingreso na escala de mestres de taller de institutos politécnicos marítimo pesqueiros.

*Materia: instalacións e equipos e cultivos.

Acceso libre.

Apelidos e nome: Costal Giráldez, Daniel.

DNI: 35.561.491.

Causas de exclusión: 04/06.

-Causas de exclusión

Sistema de acceso libre.

CódigoCausa

01Non posuí-la nacionalidade española.

02Non ter cumpridos 18 anos.

03Non xustifica-lo ingreso dos dereitos de exame.

04Non xunta-la copia do DNI ou calquera

documento oficial similar.

05Non cumpri-lo requisito da titulación esixida

pola convocatoria.

06Presenta-la solicitude fóra de prazo.

07Non sinala-la materia á que se presenta o

interesado.

08Instancia non asinada.

19Incumprimento do establecido na base I.1.4.

747