Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Martes, 03 de febreiro de 1998 Páx. 1.023

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 27 de novembro de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa para o trazado da L.M.T., C.T. e R.B.T. en Padriñán, concello de Sober (expediente 7/1997) e da declaración da súa utilidade pública.

1. Autorización administrativa.

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, de autorización de instalacións eléctricas, sométese a información pública a petición de autorización administrativa para o trazado das liñas eléctricas de referencia, que contan coas características técnicas que se relatan a continuación:

a) Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

b) Finalidade: mellora-la seguridade e calidade do servicio nas zonas de influencia, segundo o plan MEGA.

c) Trazado, datos básicos e localización:

1. Liña de media tensión a 20 kV, orixe na L.M.T. O Corgo-Sarria e final no C.T. Padriñán, cunha lonxitude de 1,705 km, apoios de formigón e conductores LA-56/54,6 mm. Centro de transformación intemperie de 50 kVA, 20.000/380-220 V. Liña de baixa tensión aérea do C.T. Padriñán, de 0,48 km de lonxitude, conductores R.Z.-0,6/1 kV-3x95 Al+54,6 Alm; R.Z.-0,6/1 kV-3x50 Al+54,6 Alm.

2. Urxente ocupación.

O beneficiario, ó amparo do título IX da Lei 40/1994, do 30 de decembro, de ordenación do sistema eléctrico nacional solicita, así mesmo, a declaración de utilidade pública das instalacións que, segundo o sinalado no artigo 53, levará implícita

en todo caso a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. Polo tanto, a presente resolución de información pública, na que se relacionan tódolos bens e dereitos afectados pola urxente ocupación, realízase tamén para os efectos previstos no citado título IX da Lei 40/1994, e no que non se opoñan a ela nos artigos 10, 16 e 31.5º do Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, polo que se aproba o regulamento da Lei sobre expropiación forzosa de sancións en materia de instalacións eléctricas.

3. Alegacións.

O que se fai público para que poidan examinarse os proxectos de instalacións nesta delegación provincial (edificio administrativo, Ronda da Muralla, 70, de Lugo), e formular a este as reclamacións, por duplicado, que se estimen oportunas durante o prazo de trinta días. Igualmente, os interesados poderán formular, se é o caso, e no mesmo prazo, alegacións por escrito que falarán en relación co disposto nos artigos 25 e 26 do Decreto 2619/1966, podendo correxi-los erros que se encontren ó relaciona-los bens afectados ata o mesmo momento do levantamento das actas previas.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedementos administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación; e así dirixirlle ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan deste, de conformidad co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Lugo, 27 de novembro de 1997.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente nº: Provincia: Lugo

L.M.T. a C.T. de PadriñánConcello: Sarria.

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

ApoioVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosDomicilionºmmlm

1Campo de TiroMonte baixoMonte comunal S. Est. Lousa Néstor Díaz LópezSanto Estevo Lousadela, 6, 27617 Sarria1,241751600

2Campo de TiroPradoMonte comunal Sta. Mª Vilar Antonio García LodeSta. Mª de Vilar, 27627 Sarria 32 40 400

3Campo de TiroPradoMonte comunal de Sta. Mª Vilar Antonio García LodeSta. Mª de Vilar, 27627 Sarria 41 94 940

4A OlgaLabradíoEnrique Sánchez FernándezPadriñán. Sta. Mª de Vilar, 27268 Sarria 41 71 710

5Cortiña do MontMonte altoGerardo Lodeiro CanosaAnseán, 27365 O Corgo 28 400

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

ApoioVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosDomicilionºmmlm

6Cortiña do MontMonte altoGerardo Lodeiro CanosaAnseán, 27365 O Corgo 52 851360

10A RegaMonte altoManuel Sobrado CastroPadriñán. Sta. Mª de Vilar, 27268 Sarria 5 150

11Cortiña do MontMonte altoJosé Luis Quinte TrigoRicardo Sánchez, 17-3º B, 15600 Pontedeume (A Coruña) 62 992

12A RegaMonte baixoGerardo Lodeiro CanosaAnseán, 27365 O Corgo 26 260

14Monte das RegasMonte baixoEnrique Sánchez FernándezPadriñán. Sta. Mª de Vilar, 27268 Sarria 71 20 200

16A RegaMonte baixoGuillermo García GuitiánLinares Rivas. Sada, 10-3, 15160 A Coruña 71 55 550

17A PoulaMonte baixoM. Comunal de Sta. Mª Vilar Antonio García LodeSta. Mª de Vilar, 17627 Sarria8,931751600

18A PoulaPradoEnrique Sánchez FernándezPadriñán. Sta. Mª de Vilar, 27268 Sarria 12 80

394