Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32000 Ourense.
Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Silvela (Allariz).
Situación: Allariz (Ourense).
Descricións técnicas: liña de M.T. subterránea a 20 kV conductor R.H.V.-12/20 kV, de 500 m de lonxitude, desde L.M.T.S. existente Fuxón-chalés e remata no C.T. proxectado con 160 kVA 20.000/380-220 V, na urbanización A Viña, e liña B.T. aérea en Silvela e R.B.T. subterránea na Viña e Piñeiro.
Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Ourense, 26 de novembro de 1997.
Alfredo Cacharro Pardo
Delegado provincial de Ourense
381